Cando a emerxencia climática, o quecemento global, e as transformacións económicas e socias dos últimos anos parecen ofrecer unha visión negativa e desacougada do futuro, son máis necesarias que nunca as películas como Mañá (Demain, 2015). Gañadora do Cesar francés á mellor película documental de 2015, a visión dos seus autores, Cyril Dion e Mélanie Laurent, é a de ofrecer alternativas, mostrar os cambios posibles e reais que xa se teñen feito, e falar da capacidade do ser humano para atopar solucións e facer propostas que cambian o resultado das cousas. Así, dividida en cinco bloques, e espalladas por todo o mundo, a película pretende dar respostas concretas á temida pregunta “e agora, qué podemos facer?”
- Para propoñer puntos de vista no debate posterior, contaremos con Carmela García González, Catedrática de Bioloxía na Ensinanza Media, e colaboradora en revistas como “Página abierta” ou “Inzar Razón” sobre temas relacionados co medioambente, a sostenibilidad e a participación cidadá.
O prezo será o habitual, 3€ para socios/as e de 4€ para non socios. A venta de entradas realizarase directamente nas billeteiras do cine.
Ficha Técnica:
Título: Mañá (Demain)
Ano: 2015
País: Francia
Duración: 118 min
Dirección: Cyril Dion, Mélanie Laurent
Guión: Cyril Dion
Sinopse: Documental que, botando unha ollada sobre cinco temas (Agricultura, enerxía, economía, educación e democracia) pretende unha reflexión optimista do mundo futuro.