Polos camiños de Vigo
Paseo industrial: Museo ANFACO e as industrias da Beiramar
Con Mariña López
Sábado 15 de febreiro
Punto de reunión: Reitorado do Areal
Hora:10:00h

Coa finalidade de promover o
coñecemento e sensibilización da paisaxe urbana e industrial de
Vigo, o Ateneo organiza unha nova etapa das nosas andainas ‘Polos camiños de Vigo’.
Será o  próximo 15 de febreiro as 10:00 horas e consistirá nun
recorrido guiado polo descoñecido Museo ANFACO e pola avenida de Beiramar desde a praza da Industria Conserveira ata o barrio de Bouzas.
A nosa guía será Mariña López Rodríguez, Licenciada en Historia, especializada en patrimonio industrial; actualmente desenvolve o seu labor como directora do Museo da conserva de ANFAC

PROCEDEMENTO E PRAZOS DE INSCRICION:
O xoves 6 de Febreiro ás 20:00h activarase o link ao formulario de inscrición:

A inscrición pecharase ao cubrise o cupo máximo de prazas: 50 persoas
O prezo fixado é de 2€ para Socios do Ateneo Atlántico e 5€ para non-socias. O pago realizarase en efectivo ao ingreso no autobús, e adícase exclusivamente ao seu alugamento.

Programa
– 10:00h. saída do bus desde o vello reitorado. Subida ao Campus e visita ao museo
– 12:00h. regreso a Vigo, e comenzo do percorrido dende á Praza da Industria Conserveira de Bouzas
Camiñando pola avenida de Beiramar, falaremos de La Artística (Talleres Alonarti); dos asteleiros de Hijos de J. Barreras, de Cardama e Armada; das fábricas de conservas Cerqueira e do edificio da Conserveira Ribas (hoxe sala Artika). E sobre todo do edificio da Conserveira de Bernardo Alfageme.
– 1400h. remate na Alameda de Bouzas e regreso en bus ata o reitorado

O Museo ANFACO (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados) sitúase no campus de As Lagoas, da
Universidade de Vigo. Trátase da única colección museística de
carácter industrial da cidade e fala do nacemento e desenrolo da industria conserveira en Vigo e Galicia. 

Para completar a ollada industrial pasearemos polos lugares
onde se atopan parte dos espazos industriais vigueses máis
relevantes, dende a
Praza da industria conserveira camiñaremos ata Alfageme,
pasando pola Artística, Barreras, Cardama, etc.,
na procura dunha reflexión dos usos
e reciclaxes habitacionais destes baleiros edificios; tentaremos dar pé, tamén, a un
debate sobre a nosa identidade industrial como cidade, de como grandes
edificios amolecen mentres diversas coleccións museísticas permanecen afastadas dos
seus contextos.
A historia de Vigo non se entende sen as
industrias que a debuxaron ao longo do tempo, e  a concienciación sobre a valoración do noso Patrimonio
Industrial é un dos alicerces
da nosa identidade; a falta de apreciación sobre o “industrial”
conduce á desaparición ou degradación dos espazos, dos arquivos,
da tecnoloxía e, en última instancia dos procesos produtivos.

Mariña López Rodríguez
Mariña é licenciada
en Historia pola USC e Máster en Xestión Cultural polo Instituto Universitario Ortega Y Gasset
(Madrid).
Procedente do sector audiovisual e da arte contemporánea, na actualidade é directora do Museo ANFACO da industria conservera, posto desde o que leva doce anos traballando en prol do desenrolo da
creación, xestión e divulgación da colección do Museo.
Na actualidade está a colaborar con José Ramón Iglesias Veiga e Xoan Carmona do
Instituto de Estudos Vigueses no libro Alfageme unha
fábrica con alma
.
Algunhas das actividades desenvolvidas arredor do patrimonio industrial son:

  • La
    colección del Museo ANFACO en el 115 aniversario de la Unión
    Conservera
    ”, autora de la publicación sobre la colección del
    museo, 2019.
  • Direción e produción da ficha audiovisual do proxecto Sereas, As mulleres do mar,
    documental sobre o traballo das antigas traballadoras conserveiras para aa
    creación dun centro de documentación sobre a historia da pesca e a
    transformación de produtos do mar en clave de xénero.
  • Xestión para a adquisición e
    clasificación do arquivo empresarial de conservas Bernardo
    Alfageme, S.A., 2018.
  • Coordinadora e responsábel dos
    Plans Proxecta da Consellería de Educación da Xunta de
    Galicia: Memoria da Industria, Memoria do Mar, sobre
    patrimonio industrial do mar.
  • Comisaria, deseño do proxecto expositivo,
    documentación e direción técnica da exposición Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira,Vigo,  Casa das Artes, Vigo.
  • Ponencias nas diferentes convocatorias das Xornadas
    divulgativas sobre
    o papel da muller no sector pesqueiro e
    conserveiro
    .
  • Organización de la colección museográfica del Museo ANFACO de la
    Industria Conservera y captación de piezas.
  • Xestión da Fundación, Museo e Arquivo ANFACO.
  • Comisariado e participacoón en diferentes exposicións da Galería Ad Hoc de Vigo.
  • Participación na creación da Fundación de Arte
    Contemporánea de Manolo Paz en Cambados.
  • Participación na fundación e desenvolvemento do Dvd Club Arte i Ensaio de Vigo.

A continuación deixamos uns enlaces que poder resultar de especial interese para documentarnos sobre a saída en concreto, e sobre o Vigo Industrial en xeral:

Sereas, as traballadoras do mar (Vídeo)

Proxecto Vigo Industrial

NONCOMMON – Patrimonio Industrial

Visita ás ruínas de Alfageme (Vídeo)

Proxecto fotográfico Memoria Industrial en Galicia, de Jose Chas