Serán Literario
Antígona. Relacións, fraternais?
Con Liliana Nogueira
Xoves 13 de febreiro, 19 horas
Espazo Cubo

Poderíamos
dicir que esta obra é o exemplo perfecto de familia disfuncional.
Tal é a disfunción que o destino fatal acabará enfrontando aos
seus irmáns, Eteocles e Polinice levándoos á morte; á propia
Antígona coa súa irma Ismena. Chegando, finalmente, á
confrontación co seu tío, o rei Creonte, o que acarreará no só a
súa morte senón a do seu curmán e noivo, ademais da da súa tía
Eurídice, nai deste e esposa de Creonte.
Unha traxedia grega das de
verdade.

Antígona
é un enfrontamento de gran dramatismo constante entre dous
personaxes: Antígona e Creonte. Unha é defensora da lei natural e
ama ao seu irmán, ao que debe dar honras fúnebres; o outro é
defensor das leis da cidade que, desobedecidas, debe supoñer o
castigo para o que as desobedeceu.

Antígona sufre un gran conflito
consigo mesma, pois é consciente do que lle acarreará desobedecer
as leis dos homes, sen embargo, a lei natural e o amor fraternal,
serán máis fortes, sendo Antígona un personaxe verdadeiramente
nobre e dramático. Cando Antígona se aforca e con ela o fillo de
Creonte, Hemón, Creonte arrepíntese de ter sido tan inflexible e
comprende a diferencia entre unhas leis e outras.

Antígona representa o amor
fraternal levado á su máxima expresión. Cantos de nós estariamos
dispostos a morrer por un irmán ou irmá xa mortos?

Temas de discusión

Consideremos
a acepción de fraternidade nun sentido amplo, que
transcenda ao de irmandade
no sentido de que esta última se refira á relación de parentesco
que hai entre irmáns e que ese concepto de fraternidade fose máis alá
dos lazos de sangue, creando así un afecto máis universal, como
sucede coas ordes relixiosas, as comunidades negras, Hell´AngelsBrother/Sister.

  • Se hoxe fósemos avogados defensores de Antígona, a que poderíamos apelar
    para salvala do castigo?
  • As fraternidades
    ou irmandades tanto relixiosas como laicas, (Xesuítas, Irmáns da
    Caridade, Confrarías relixiosas, de oficios, -Confraría de
    pescadores de Vigo- , fraternidades universitarias, a mafia, etc.)
    teñen en común, entre outras cousas, o apoio mutuo. Defenderíamos
    algunhas delas que, apelando a este amor fraterno, encubriron ou seguen
    a encubrir crimes? Por exemplo o kukuxklán, os masóns ou a igrexa
    católica, do mesmo xeito que o faríamos con Antígona?
  • Da mesma
    maneira, denunciaríamos a un abusador ou maltratador se fose un
    familiar ou amigo?
  • A
    filántropos como Bill e Melinda Gates, Mark Zuckerberg, Amancio e
    Sandra Ortega, Familia Entrecanales…, móvelles o seu amor
    fraternal pola humanidade?
  • Recreando o concepto de
    cidadanía mundial, de veciñanza global, en fin, de fraternidade
    universal, que connotacións ten no noso mundo a desobediencia civil e
    a obxección de conciencia? (Pensemos
    no caso dos
    tres bombeiros sevillanos acusados
    de “tráfico de persoas en grado de tentativa” por acudir ao
    rescate de inmigrantes que fuxían da guerra de Siria no mar Exeo. A
    resolución, de absolución, ten sido entendida pola ONG dos
    acusados, Professional
    Emergency Aid
    ,
    coma un acto de “xustiza” e “un espaldarazo á axuda
    humanitaria”, que estaba a ser criminalizada.)
  • E con respecto á eutanasia? Como se
    resolve este conflito entre a lei e a autodeterminación moral?