Presenta Luis Otero
Recentemente Abanca, a herdeira da Obra Social das Caixas de Aforro galegas, promoveu a Fundación Universidad Internacional de la Empresa co obxectivo de transformar o IESIDE (antiga Escola de Negocios da Caixa de Aforros) nunha Universidade privada. O tramite de autorización esixe a aprobación dunha lei específica de recoñecemento no Parlamento Galego.
Antes do debate parlamentario, a iniciativa xa foi obxecto de discusión nos érganos de participación das universidades públicas de Galicia sendo tratado polo Consello do Goberno e polo Consello Social da Universidade de Vigo, así como polo Consello Galego de Universidades.
O Ateneo Atlántico quere colaborar no debate e para iso vai recibir o próximo martes dia 11, ás 19.30 horas, ao Reitor da Uvigo Manuel Reigosa; o acto terá lugar na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. O acto será presentado por Luis Otero.
Trataremos de aclarar aqueles puntos que poden fundamentar o apoio ou rexeitamento da autorización dunha universidade privada:
- Cal é o estado de saúde da universidade pública galega?
- Como funcionan as entidades privadas con convenio coa universidade pública?
- Hai carencias no mapa de titulacións ou na oferta de prazas?
- Existe unha demanda social que xustifique a incorporación dunha nova universidade?
- Como afectaría á selección do alumnado?
- Que recursos públicos recibiría a iniciativa privada?
- Sería beneficiosa unha competencia privada-pública? Podería darse unha competencia en pé de igualdade?
- En canto ao profesorado, habería compatibilidade de dedicación?
- Como se está levando a cabo o debate nos órganos das universidades públicas?
- Pode falarse de liberdade de creación de centros universitarios?
Manuel Reigosa Roger
Excelentísimo e Magnífico Reitor da Universidade de Vigo.
Profesor da UVigo desde a súa creación en 1990.
Licenciado en Bioloxía e en Filosofía pola Universidade de
Compostela, onde obtivo tamén o título de doutor en Bioloxía.
Catedrático de universidade de Fisioloxía Vexetal. Participou con
asiduidade en órganos de goberno, destacando o seu traballo nas tres
comisións de estatutos, incluíndo a constituínte.
Foi secretario do Colexio Universitario de Vigo, director da
Oficina de I+D, adxunto ao vicerreitor de Investigación, elixido
dúas veces como decano da Facultade de Ciencias de Vigo (hoxe
escindida en tres facultades), director do Departamento de Bioloxía
Vexetal e Ciencia do Solo e vicerreitor de Investigación.
É autor de numerosos artigos de investigación, así como editor
de cinco libros para editoriais como Kluwer o Springer, entre outras.
Na actualidade e editor xefe de dúas revistas JCR (Thalassas y
Allelopathy Journal) e participa como editor asociado noutras tres