Ciclo Repensar Galicia
O futuro da Galicia rural
Con Edelmiro López e David Souto
Presenta Anxo Cabada
Presenta Anxo Cabada
Mércores 19 de febreiro, 19.30h.
Biblioteca da EMAO
O Ateneo Atlántico, preocupado polo que está a pasar na nosa terra, coa intención de reflexionar sobre as consecuencias en Galicia duns tempos convulsos que están a causar desfeitas en todo o mundo, e fiel ao seu compromiso fundacional de potenciar a análise crítica e a reflexión sobre os problemas contemporáneos, especialmente na nosa cidade e na nosa terra, puxo en marcha un ciclo que dimos en chamar Repensar Galicia.
Se no mes de xaneiro reflexionabamos sobre ‘a morte en Galicia’ (envellecemento da poboación, emigración de xente nova cualificada, etc), hoxe poñemos enriba da mesa outro tema de importancia vital: o futuro da Galicia rural.

Algo está a pasar na nosa Terra para que un medio, o rural, que ocupa máis do 75% do territorio, só acolla ao 25 por cento da poboación. E as cifras non só non melloran, ou no peor dos casos se manteñen, senón que medran cada día que pasa. A despoboación do rural é un feito constatábel. Pero, é evitábel?
Por moito que se pretenda dar outra versión, e en contra do imaxinario popular, Galicia xa non é un país rural. A desagrarización, a baixa produtividade do sector primario, o declive demográfico, a sustentabilidade dentro dun entorno
rural, ou a incidencia no noso país de factores macroeconómicos que están a cambiar a fisonomía da sociedade mundial (terciarización,
deslocalización, globalización…) son aspectos sobre os que reflexionar e que hoxe situamos no centro da diana.
Hai, realmente, futuro para o rural galego?
Para realizar unha radiografía contemporánea do presente e o futuro dun medio, o rural, que historicamente marcou a idiosincrasia do ser galego, o mércores 19 de febreiro, ás 19.30 horas, e na biblioteca da Escola municipal de artes e oficios contaremos coa presenza de dous expertos que poden aportar moita luz ao debate; trátase dos economistas, especializados en economía rural galega, Edelmiro López Iglesias e de David Soto Fernández. O acto será presentado polo presidente do Ateneo Atlántico Anxo Cabada.

Edelmiro López Iglesias (Bilbao, 1960)
Ex-Director xeral de desenvolvemento rural.
Doutor
en Ciencias Económicas pola USC (Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento). Actualmente é profesor e director do
Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de
Compostela.

Entre os anos 1999 e 2005 ocupou o posto de Director do Instituto Universitario
de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA)

De
agosto de 2005 a abril de 2009 foi Director Xeral de
Desenvolvemento Rural na Consellería do Medio Rural da Xunta de
Galicia, asumindo tamén as responsabilidades de Director Xeral da
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e Director do Fondo
Galego de Garantía Agraria (FOGGA), o organismo encargado da xestión
en Galicia das axudas da Política Agraria Común (PAC).

Autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas
e publicacións colectivas, as súas investigacións céntranse nos campos da economía e
política agraria, o desenvolvemento rural e a economía galega; neste eido ten dirixido ata 26 proxectos e contratos de investigación
financiados por diversas entidades e participado como investigador
noutros 38. Ten realizado estadías en diversas Universidades e
centros de investigación estranxeiros, e actuado como consultor de
diferentes organismos internacionais no ámbito das políticas
agrarias e de desenvolvemento rural.

David
Soto Fernández (Vigo, 1972).
Soto Fernández (Vigo, 1972).
Profesor de Historia Económica no
departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de
Compostela. Entre 2003 e 2019 foi profesor de Historia Contemporánea
na Universidad Pablo de Olavide de Sevilla, onde fundou o
Laboratorio de Historia dos Agro-ecosistemas.

As súas liñas de
traballo abarcan a historia agraria dende unha perspectiva ambiental
e social, así como a agro-ecoloxía. É autor dunhas 60 publicacións
científicas entre artigos en revistas internacionais, capítulos de
libros e monografías.

Autor do libro “Historia dunha agricultura
sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega
contemporánea” (Xunta de Galicia, 2006). O seus traballos máis
recentes son os libros colectivos “Del pasado al futuro como
problema. La historia agraria contemporánea española en el siglo
XXI” (PUZ/SEHA, 2018) e “Historia de la agricultura española
desde una perspectiva biofísica” (MAPA, 2019 e Springer, 2020). Na
actualidade está a desenvolver proxectos sobre a dimensión
socio-ecolóxica das paisaxes agrarias mediterráneas e a análise
comparativa das agriculturas europeas.