Unha visita guiada á novela gráfica
Con Banda Deseñada!
Xoves 20 de febreiro de 2020, 19.30h
Librería Banda Deseñada!
(Rúa Portela 3, Calvario)
(Rúa Portela 3, Calvario)
TBO? Cómic? Banda deseñada? Novela gráfica? Que hai detrás de todos estes nomes?
Pois, por riba de todo, unha actividade editorial importante, centos e centos de autoras e autores con propostas en constante innovación, millóns de lectores e lectoras apaixonadas en todo o mundo.
A partir dunha proposta no Clube de lectura do Ateneo decidimos organizar unha exploración da, chamémoslle así, novela gráfica.
E para concretar esta idea nada mellor que collérmonos da man dos libreiros e libreiras que viven de preto este mundo. Banda deseñada é unha librería especializada que nos abre as súas portas para guiarnos nunha visita ao mundo da novela gráfica. Para facelo tentaremos establecer un diálogo coas persoas que levan a tenda e, tamén, coas obras presentes nos andeis do local.
Non se trata dunha conferencia ao uso senón dunha autentica visita guiada ao mundo da Banda deseñada.
Lembra, será o xoves 20 de febreiro, ás 19.30 horas, nos locais da librería BD!
Banda deseñada é unha librería que conta co Selo de excelencia na calidade libreira.
Está situada en Vigo, na rúa Portela nº 3 na zona peonal do Calvario.
Podes chegar con facilidade nos autobuses 4A, 6, 9A,9B, 11, 15A, 15C, 23, 24, 25 e 28. (Parada Jenaro de la Fuente nº 22 -Centro Comercial Bandeira-)