Seráns Literarios
Con Liliana Nogueira Pache
As Distopías
Xoves 12 de marzo de 2020
Espazo Cubo, 19 horas

A RAE. Utopía



Do lat. mod. Utopía, illa
imaxinaria cun sistema político, social e legal perfecto, descrita
por Tomás Moro en 1516, e este do gr. οὐ ou ‘no’, τόπος
tópos ‘lugar’ e o lat. -ia ‘-ia’.



1. f. Plan, proxecto,
doutrina ou sistema desexables que parecen de moi difícil
realización.



2. f. Representación
imaxinativa dunha sociedade futura de características favorecedoras
do ben humano.



Distopía



Representación ficticia
dunha sociedade futura de características negativas causantes da
alienación humana.



Pero, que é en realidade
a Distopía?
Podemos dicir que é o término oposto a utopía. C
omo
tal, designa un tipo de mundo imaxinario, recreado na literatura ou o
cine, que se considera indesexable. A palabra distopía
fórmase coas raíces gregas δυσ (dys), que significa ‘malo’,
e τόπος (tópos), que pode traducirse como ‘lugar’.



A distopía
formula un mundo onde as contradicións dos discursos ideolóxicos
son levadas ás súas consecuencias máis extremas. Neste sentido, a
distopía explora a nosa realidade actual coa intención
de anticipar como certos métodos de condución da sociedade poderían
derivar en sistemas inxustos e crueis. Por exemplo, unha nación onde
se exerza un rigoroso control estatal para garantir unha sociedade
organizada, feliz e conforme, podería derivar nun réxime
totalitario que reprime ao individuo e cercea as súas liberdades en
función dun suposto benestar xeral.



De aí que a distopía
advirta sobre os perigos potenciais das ideoloxías, prácticas e
condutas sobre as cales se erixen as nosas sociedades actuais: o
socialismo, o capitalismo, o control estatal, o consumismo, a
dependencia tecnolóxica, as trasnacionais, etc.



Se poderá dicir que a
distopía é o oposto á utopía. Pero, máis ben, é a
súa antíteses. Atribúese a John Stuart Mill o primeiro uso
documentado do término no curso dunha intervención parlamentaria en
1868. Mentres a utopía imaxina un mundo onde as doutrinas se acoplen
de maneira harmoniosa no funcionamento das sociedades, a distopía,
pola súa banda, toma a base da formulación utópica e lévaa ás
súas consecuencias negativas máis extremas. De aí que formulacións
utópicas disciplinantes, que a primeira vista poderían parecer
sistemas ideais, na distopía convértense en
realidades indesexábeis, onde as doutrinas erixen sistemas
totalitarios, inxustos, espantosos e insoportábeis.



Durante o século XX e o
que levamos do XXI, as formulacións distópicas, como fábulas
futuristas ou de ficción de anticipación, teñen ido medrando en
popularidade. Mostra disto é a súa adaptación a temáticas de
ciencia ficción, que teñen mostrado novos ámbitos imaxinarios cara
aos cales crecer; neste senso atopamos obras como O informe da
minoría
, de Philip K. Dick, (1956) levada ao cine; outra
película Soylent Green (1973) baseada na novela Fagan
sitio, fagan sitio
de Richard Fleischer, (1956) ou Os xogos da
fame
de Suzanne Collins (2008).



Estes son os libros
elixidos por Liliana Nogueira, coordinadora dos nosos Seráns
Literarios, para o debate; pero, coma sempre, non se trata dun
listado pechado: cada quen ten os propios, que seguro que alimentarán
o faladoiro.






1984, do británico
George Orwell (1948).



Un mundo feliz, do
tamén británico Aldous Huxley (1932).



Farenheit 451, do
estadounidense Ray Bradbury (1953).



Nunca me abandones,
de Kazhuo Ishiguro, británico de orixe xaponés (2005).



O conto da criada,
da canadense
Margaret Atwood (1985).



A Estrada, do
estadounidense Cormac MacCarthy (2006).



Ademais, outros
títulos significativos para o debate poden ser obras como o
Ensaio
sobre a cegueira,
de José Saramago
(1995),
A
Caverna
, tamén de Saramago
(2000), Mañá
aínda. Doce distopías para o século XXI
,
Antoloxía de Ricardo Ruiz Garzón (2014),
O
Sistema
, Ricardo Menéndez Salmón
(2016),
Homo Lubitz,
tamén de Menéndez Salmón (2018),
Rendición,
de Ray Loriga (2017) ou
A
república luminosa
, de Andrés Barba,
(2017).






No seguinte enlace podemos
atopar, ademais, un listado de autores españois distópicos que abarca desde 1879 até
2018: Autores
españois de distopías 1879-2018