Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Entrega do premio Exeria Ateneo Atlántico 2026

12 Xuño / 19:00 20:30

O acto de entrega do premio da 6ª edición do certame EXERIA de relatos curtos organizado polo Ateneo Atlántico terá lugar o venres 12 de xuño, a partir das 19 horas, no local da Sede da Deputación provincial de Pontevedra en Vigo, rúa Eduardo Chao 17.

2026-06-12-Exeria-1600x1600d
Programa

– Primeira peza musical. Francisco Castro
– Pesentación do acto. Luísa Abad
– Fala o xurado. Camiño Noia
– Segunda peza musical
– Entrega do premio
– Lectura do relato gañador
– Terceira e derradeira peza musical
– Ágape. Viño galego, petiscos e faladoiro

Patrocinio:
– Deputación de Pontevedra
– Grupo S.A. Eduardo Vieira
– Grupo Emenasa

A obra gañadora: “Un peixe” de Iris Darriba Quesada

Aquela mañá, Alicia baixou ao porto co caldeiro azul, a cana telescópica e unha bolsa de xeo.
Chamara dúas veces ao hospital para confirmar a hora. Ás catro ían sedar a seu tío; quince minutos despois, inxectaríanlle unha dose de cloruro de potasio que lle pararía o corazón. No tempo que durase o procedemento, a petición do tío Xaquín, só os médicos quedarían con el atrás da porta daquela habitación da planta de paliativos do hospital Meixoeiro… continuar…

Enlace á obra completa: “Un peixe” de Iris Darriba Quesada

O acto

.

.

2026-06-12-Exeria-Grupo

.

2026-06-12 Exeria Premio

.

2026-06-12 Exeria Rel1

.

2026-06-12 Exeria Rel2

.

2026-06-12 Exeria Rel3

.

2026-06-12 Exeria Rel4

.

2026-06-12 Exeria Musica
Máis información

Premio Exeria 2026. Bases do premio.
Premio Exeria 2025.
Premio Exeria 2024.
Premio Exería 2023.
Premio Exería 2022.
Premio Exería 2021.

Libro de premiados e relatos gañadores Exeria 2021 – 2024

Relato gañador Exeria 2025

Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo

Eduardo Chao 17
Vigo, Galicia 36202 Spain