‘Camino de la inclusión’, é un proxecto colectivo editado coa intención de axudar, acompañar e diminuír o medo das persoas que padecen un TDAH, aos seus familiares e ao profesorado.
O mércores 29 de novembro asistimos á presentación deste interesante libro. Estiveron presentes as autoras, Luísa Abad, Berta Pérez e Helena Prado, que foron presentadas por Manuela del Palacio, presidenta do Colexio de Psicoloxía.
Aquí vos deixamos toda a información do acto a través do artigo que asinou Marta Mato, ao día seguinte, nas follas do Faro de Vigo.