O 30 de novembro, na sede de Zona Franca, Albino Prada presentou con nós o seu último libro. Trátase de “¿Sociedad de mercado o sociedad decente?”. No acto participou Yolanda Díaz, que é a prologuista do libro.
Na presentación, que causou unha expectación sen precedentes, participaron Emilio Fernández Zunzunegui (presentador, en representación do Ateneo), Jorge Luis Bueno (por parte da editora, o Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo), e Xulio Pérez (xefe de economía do Faro de Vigo, que actuou como moderador da conversa entre Albino e Yolanda.
No libro, co subtítulo “Crítica da gran abdución neoliberal”, Albino Prada destaca o modelo social absolutamente injusto que deriva da aplicación das teorías económicas neoliberais, ao tempo que expón que unha sociedade decente non pode ser outra que aquela que senta as bases para que todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades de desenvolver unha vida digna, presuposto que nada debería ter que ver coa nosa procedencia social, económica, ou de calquera outra índole.