Na tarde do 30 de maio Priscila Retamozo e Cristina Louzán, e co título xenérico ‘De aquelas loitas, estes dereitos, falaron amplamente da historia do feminismo.
Ao longo da sesión as relatoras foron debullando os principais fitos da loita feminista e as súas protagonistas.
Explicaron a protohistoria do movemento con grandes figuras individuais e despois sinalaron a primeira onda coincidindo coa Revolución Francesa e Olimpia de Gouges e Mary Wollstonecraft como principais ideólogas desta onda.
Veu, despois, un periodo gris de reacción e a continuación do proceso nunha segunda onda que ten o sufraxismo americano e inglés como líderes do movemento feminista.
O terceiro e definitivo proceso parte de Simone de Beauvoire como principal iniciadora da terceira onda coa publicación de “O segundo sexo”.
Priscila e Cristina, cun estilo fluído e motivador, foron comentando feitos e anécdotas moi interesantes e descoñecidos por mor do labor de invisibilización constante das achegas das mulleres e a súa loita.
Emprazaron ás e ós asistentes a unha segunda charla que falará, máis polo miúdo, do feminismo na etapa contemporánea.
Ogallá poidamos facela axiña no novo curso.