O
Ateneo Atlántico súmase aos actos de celebración do centenario de Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920 – A Coruña, 2012), personalidade
central no mundo cultural da Galicia do século XX. Díaz Pardo goza dunha ampla consideración artística e social e de unanimidade en torno á importancia
do seu labor a prol da cultura galega, situado como figura sobranceira da vida económica, social e creativa do noso país.

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo
Presentación do libro Unha presa de dibuxos
Xoves 22 de abril, 19 horas, salón de actos do MARCO
Coa presenza de:
Xosé Ramón Pousa
Xosé Díaz Arias
Carlos Bernárdez
Modera: Marta Viana
O acto terá lugar o vindeiro xoves, 22 de abril, ás 19 horas, no Marco de Vigo.
Dada a situación pola que atravesamos, o local ten un aforo máximo de 33 persoas. Para facilitar e garantir un acceso totalmente seguro ao acto optamos pola modalidade de reserva previa de praza.
Dada a situación pola que atravesamos, o local ten un aforo máximo de 33 persoas. Para facilitar e garantir un acceso totalmente seguro ao acto optamos pola modalidade de reserva previa de praza.
O prazo para reserva de prazas abrirase o xoves15 de abril, ás 10 horas, e a través do enlace:
Para o acto contamos coa presenza de:
Xosé Ramón Pousa. Xornalista e profesor de comunicación audiovisual na USC
Xosé Díaz. Pintor e axente artístico, fillo de Isaac Díaz
Carlos Bernárdez. Licenciado Historia da Arte, comisario de exposicións, crítico, ensaísta e profesor.
Marta Viana. Licenciada en Historia da Arte, responsable de comunicación e
didáctica do MARCO, que actuará como moderadora.
didáctica do MARCO, que actuará como moderadora.
Destacado artista, a actividade renacentista de Díaz Pardo ten outras múltiples facetas, entre elas o seu traballo como recuperador da memoria artística, industrial, política e intelectual de Galicia e como dinamizador dos grandes proxectos culturais e empresariais que tiveron
unha vizosa plasmación no Laboratorio de Formas de Galicia, nas cerámicas do Castro e Sargadelos, en Ediciós do Castro e no Museo Carlos Maside. Todo un acervo que debe ser obxecto de análise en creativo diálogo co noso presente.
Como homenaxe ao artista presentamos a edición facsimilar, reeditada polo Ateneo de Santiago e a Deputación da Coruña, dunha das obras máis singulares do intelectual e artista, intitulada Unha presa de dibuxos
feitos por Isaac Díaz Pardo de xente do seu rueiro.
Trátase dun volume que combina o textual e o pictórico que foi impreso en Buenos Aires en 1956 nas Ediciós Arsnovos, unha cabeceira tras a que estaba a figura de Luís Seoane. Contén un tipo de tintas moi semellantes ás que se poden contemplar do artista na Pinacoteca Fernández del Riego da nosa cidade.