Club de Lectura

Panza de burro
Andrea Abreu

 

Reunímonos telemáticamente dezaseis persoas do club para debater sobre Panza de burro de
Andrea Abreu.

En xeral estabamos de acordo en que é un libro especial pola súa forma de abordar a escrita,
escrito cun vocabulario propio, canario, pero con incorporacións persoais.

A autora, unha muller moi nova de 25 anos, escribe esta primeira novela con ánimo de que a
escrita se pareza á vida.
Esta escrito dende o punto de vista das fillas das mulleres proletarias
da illa, das kellys, esas persoas que non vemos cando imos a Canarias como turistas.
Xabier
indicaba que xustamente iso non lle parece que estea logrado porque toda a novela é un
artefacto construído e polo tanto algo artificial no que ela tamén cae en múltiples ocasións.

Pareceunos unha obra chea de frescura, de amizade e dependencia entre nenas que están
deixando de selo e que están moito tempo soas.

Chea de oralidade e centrada na descuberta
do sexo e nas distintas funcións do corpo: vomitar, estregarse, defecar…
É un libro sobre a precariedade, sincero, coma un berro salvaxe, no que se denuncia a bulimia
de Isora, a incomprensión do pai de Juanita Banana, pasando polas visitas ao cíber, os
primeiros contactos cos mozos, as cancións do grupo Aventura…
Teñen un papel relevante as avoas coidadoras e sobre todo esa praia inalcanzable e as nubes
ameazantes durante todo o verán.

A escena final pareceunos un pouco forzada e innecesaria.