CinemAteneo
A influencia do Anime en Occidente
Alexandre Escariz
Modera Emilio Fdez. Zunzunegui
Mércores 9 de xuño de 2021, 20 horas
Plataforma Zoom
Película recomendada
A tumba dos vagalumes
ENLACE PARA A CONEXIÓN A ZOOM
ID: 842 3876 9782
Código:105030
Instrucións para acceder a Zoom
Seguindo a dinámica das últimas actividades do CinemAteneo, convocamos unha nova sesión para os afeccionados ao mundo do cinema.
Lembramos que se trata dun formato no que cada quen pode ver pola súa conta, e de xeito previo, unha película proposta polo relator para ilustrar o tema do coloquio.
Nesta ocasión estará con nós Alexandre Escariz, do Cineclub Sunset Bulevard, para falar da influencia do Anime (animación xaponesa) en Occidente.
Será o mércores 9 de xuño, ás 20 horas, a través da plataforma Zoom.
Neste mesmo blog, á esquerda, tendes un vídeo no que se explica como conectarse a Zoom
Unha vez en Zoom, o ID da sesión é 842 3876 9782, e o contrasinal 105030.
A película está dispoñible en diferentes plataformas de cine: Youtube,
Filmin, Netflix, Rakuten TV, … Para a versión en castelán hai que buscar
como La tumba de las luciérnagas
O Relator
Alexandre
Escariz Covelo (Vigo,
1979). Licenciado en Economía e Comunicación Audiovisual.
Traballa como economista en Auren Abogados.
É socio fundador do
Cineclub Sunset Boulevard.
O Tema
A influencia do anime en occidente.
Con máis dun século de vida, a animación tradicional xaponesa coñécese pola denominación de ánime o animé. Debuxada completamente a man, co avance da industria tivo que adaptarse ás técnicas dixitais, especialmente no que respecta á optimización no uso das cores.
Aquel@s que vivimos a nosa infancia con anterioridade á explosión da televisión dixital criámonos, televisivamente falando, baixo a influencia de dúas fontes principais: Unha orixinal de Estados Unidos coas súas series para toda a familia (Bonanza, O príncipe de Bel-Air, Cousas de casa…); outra, a animación dalgunha das series europeas (a española David o gnomo ou a francesa Lucky Luke) que, en pouco tempo, dificilmente puideron competir co xigante asiático e as súas inesquecibles series dos anos 70 e 80. Dos 70 son Mazinger Z, serie que marcou a toda unha xeración, Heidi, Marco e Candy. Nos 80 chegarían Oliver e Benji, Dragon Ball, Cabaleiros do Zodiaco ou Ranma 1/2. Todas elas deixaron forte pegada dos nacidos nos años 70 e 80.
A finais dos 80, a industria do anime centraríase, sen esquecer a televisión, no cine, tendo como buque insignia o Estudio Ghibli ; fundado en 1985 por Hayao Miyazaki. Só en 1988 produciu tres das películas más memorables de toda a súa historia: “O meu veciño Totoro”, “A tumba dos vagalumes” e “Akira” (1989), tres sublimes obras que sementaron un camiño cheo de éxitos que aínda hoxe perdura.
A Película
A tumba dos vagalumes
1988. 93 min. Xapón. Studio Ghibli.
Dirección: Isao Takahata
Guión: Isao Takahata. Novela: Akiyuki Nosaka
Música: Michio Mamiya
Animación: Nobuo Koyama
Sipnose:
Segunda Guerra Mundial (1939-1945). Seita e Setsuko son fillos dun oficial da mariña xaponesa que viven en Kobe. Un día, durante un bombardeo, non logran chegar a tempo ao búnker onde a súa nai lles agarda. Máis tarde a encontran malferida na escola, que foi reconvertida en hospital de urxencia…
Críticas:
FilmAffinity: “Unha das películas máis brutalmente emotivas da historia do cine (…) o relato bélico afonda nas vísceras da sociedade e a cultura xaponesa e desgarra os asideros emocionais do espectador.”
Miguel Ángel Palomo: Diario El País : “Unha experiencia emocional tan poderosa que obriga a unha reformulación cara ó futuro da animación (…) “
Roger Ebert: Chicago Sun-Times : “Takahata, un colaborador habitual do estudio Ghibli, adapta unha novela parcialmente autobiográfica de Akiyuki Nosaka; Os seus arranxos da tráxica historia é dunha maxistral sinxeleza”
Steve Rose: The Guardian : “Esta obra mestra de animación é unha historia de guerra tan desacougante como calquera película de acción (…) Hai momentos máxicos de beleza natural e deleite infantil (…) ”
Director:
Isao Takahata (Ise, 1935 – Tokio, 2018)
Isao Takahata foi un director, produtor e guionista de películas e series de animación xaponesa. Fundou, xunto co seu amigo Hayao Miyazaki, os estudios Ghibli. As súas obras máis recoñecidas foron as series para televisión Heidi, a nena dos Alpes (1974) e Marco (1976), así como as longametraxes A tumba dos Vagalumes (1988), Lembranzas do pasado (1991) e O conto da princesa Kaguya (2013), a súa última película, que foi nomeada para un Óscar na categoría de mellor película de animación nos 87.º Premios Óscar.