Ensanche en conserva
Os estilos arquitectónicos
Andaina arquitectónica polas rúas de Vigo
Con Nacho Hortas
Mércores 16 de xuño, 19 horas
Duración aproximada 2 horas
25 prazas
Inscrición previa obrigatoria
INSCRICIÓN PECHADA
TODAS AS PRAZAS CUBERTAS
Nacho Hortas, arquitecto, docente e divulgador, e a raíz dos seus estudos sobre o urbanismo no Ensanche do século XIX en Vigo, ten un ambicioso proxecto para a protección e divulgación deste importante núcleo da arquitectura viguesa.
Dentro do seu labor docente e divulgador ten preparadas tres rutas didácticas polo Ensanche vigués de 1900 a partir das que pretende dar a coñecer o seu
traballo multidisciplinar.
Baixo o título xenérico ‘Ensanche en Conserva‘, a primeira ruta leva por nome ‘Galicia Caníbal: Patrimonio perdido de Vigo‘; a segunda é ‘Galicia Caníbal II: Infraestruturas‘, e, a terceira, a que hoxe presentamos, ‘Os estilos arquitectónicos‘.
A intención é poñer en valor a peza
máis senlleira, identificadora e importante da cidade, non só pola
súa excelsa calidade arquitectónica e urbana senón porque
representa a sociedade que transformou un pequeno pobo de artesáns
sen importancia na contorna, na meirande cidade de Galicia.
O Ateneo Atlántico comprácese en organizar unha primeira saída en colaboración con Nacho Hortas.
Confiamos en que será o primeiro dunha serie de proxectos comúns que terán continuidade a partir de setembro.
“Ensanche en
Conserva”: Os estilos arquitectónicos
Nesta ruta do “Ensanche en Conserva”, denominada dos “Estilos
arquitectónicos”, percorremos a cidade da man da evolución da
súa arquitectura.
O que se busca é: recoñecer os distintos momentos históricos,
indagar na evolución da cidade e os seus avatares, coñecer a
burguesía e o proletariado que a fixo posible, e pescudar nas ideas
que bulían nos arquitectos e mestres de obras que a construíron.
A arquitectura como escusa para percorrer os anos cruciais da nosa
querida cidade e recoñecer a sociedade conserveira que a fixo
posible.
Premendo nas imaxe podes ver e descargar o díptico cos detalles da saída
Lembra, a saída será o mércores 19 de xuño a partir das 19 horas.
Para poder participar é imprescindible a inscrición previa a través do formulario de Google.
En cada solicitude só se poderán reservar dúas prazas.
No caso de que o número de solicitudes supere as prazas, terán preferencia de asistencia as persoas asociadas ou aquelas que soliciten como acompañantes dunha asociada (máximo unha persoa invitada por asociado).
O formulario de solicitude abrirase o sábado 12 de xuño ás 12 horas e permanecerá aberto ata que se complete o aforo da actividade.
ANÍMATE A
DESCUBRIR CONNOSCO “O ENSANCHE EN CONSERVA”.