A violencia que habita na sexualidade
Mercedes Oliveira
Priscila Retamozo
Presentan:
Luisa Abad
Amada Traba
Martes 30 de novembro
19 horas. Casa Galega da Cultura
Con motivo do Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller, o Ateneo Atlántico organiza a actividade A violencia que habita na sexualidade, na que Chis Oliveira e Priscila Retamozo falarán sobre pornografía, prostitución, cultura da violación…, e, en xeral, das diferentes formas en que se exerce violencia contra as mulleres.
O acto terá lugar o vindeiro 30 de novembro, martes, ás 19 horas, na Casa Galega da Cultura.
Será presentado por Amada Traba e Luisa Abad
O 25 de novembro
O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 de 17 de decembro de 1999.
Celébrase cada 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas para lograr a súa erradicación.
A primeira convocatoria foi promovida polo Movemento Feminista Latinoamericano en 1981; a data do 25 de novembro lembra o día de 1960 en que foron asesinadas as tres irmás Mirabal por orde expresa do dictador o Chivo Trujillo na República Dominicana.
Foi a propia República Dominicana a que en 1999, e co apoio de 80 países, fixo a proposta á ONU para que o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller pasase a formar parte do seu calendario de conmemoracións.
Violencia contra a muller
Na mencionada resolución, a ONU define ás claras de que estamos a falar cando utilizamos as palabras violencia contra a muller: «de todo acto de violencia
baseado na pertenza ao sexo feminino que teña, ou poida ter como
resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a
muller, así como as ameazas con tales actos, a coacción ou a privación
arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada».
Priscila Retamozo
Politóloga, Máster en Igualdade de Xénero na UMA. Coordinadora do proxecto coeducativo Comando Igualdade. Estancia en 2018 na Secretaría Técnica contra a violencia de xénero en ONU mulleres-Ecuador. Experiencia no desenvolvemento de proxectos educativos con enfoque de xénero. Coautora, xunto a Chis Oliveira, do libro “Comando Igualdade: a A mocidade facendo a revolución feminista nas aulas!”. Centra a súa actividade profesional na sensibilización e formación en igualdade de profesorado, alumnado e familias.
Mercedes Oliveira
É catedrática de Filosofía e doutórase no 97 cunha tese en educación afectivo-sexual.
Foi profesora en diferentes Mestrados de Xénero (das universidades de Vigo, A Coruña e Córdoba), así como presidenta da ONG de Dereitos Sexuais Federación de Planificación Familiar de España (1998-2003).
É membra fundadora de Enxergo e Nexos de Didáctica da Filosofía, (grupo de referencia en Galicia na elaboración de libros de texto, materíais curriculares e na formación do profesorado).
Hai 10 anos montou o Comando Igualdade, grupo de máis de 100 estudantes de Instituto e universidade que levan a cabo intervencións en espazos educativos e sociais para promover relacións igualitarias.
Premios.-Educación y Sociedad, Premio Irene, Viguesa Distinguida, “Madre de la Coeducación” CLAVICO 2020, o de Mulleres en Acción e o Premio Ernestina Otero.
Libros publicados. É autora dunha trintena de libros entre os que destacan: “Ám@me” (Galaxia) e “Amarte. Pensar el amor en el siglo XXI” (La Catarata).
É autora de numerosos artigos en revistas especializadas, libros de texto e materiais didácticos de Filosofía, Ética, Antropoloxía e Cidadanía. A autoría do último deles, “Comando Igualdade. A Mocidade facendo a revolución feminista nas aulas”, é compartida coa outra invitada de hoxe, Priscila Retamozo.