Club de lectura
Todo canto fomos
Xosé Monteagudo
Xuntanza
O pasado día 3 de novembro deste 2021, tivemos a honra de recibir
no club de lectura ao autor do libro que estivemos a ler este mes.
Foi Xosé Monteagudo co seu libro “Todo canto fomos”. Previamente
á súa visita fixemos unha rolda rápida entre as dezaseis persoas
que asistimos á sesión, apuntando opinións sobre a obra. Houbo
unanimidade en que era unha obra moi interesante que lle dá voz ás
persoas que non a tiveron. Gustounos a estrutura que fai que teñamos
que ir construíndo a saga familiar. Obriga a unha lectura atenta.
Pontevedra é protagonista do libro nun momento moi concreto da
preguerra. Alí se funda a partido galeguista e é a cidade de
enormes personalidades como Castelao ou Bóveda. Os episodios da Illa
de san Simón parecéronnos especialmente brillantes.
É unha
novela realista que ficciona a historia en enormes saltos temporais.
Pareceunos un acerto o título e tamén a imaxe da portada.
A
continuación reunímonos con Xosé durante unha hora. Fixémoslle
preguntas e comentarios que el foi contestando amablemente,
intercalando anécdotas sobre o seu proceso creativo.
A
sesión foi moi produtiva e pareceunos un pracer e un luxo ter con
nós a un autor tan premiado. Antes de marchar asinounos exemplares
do libro.