Club de lectura
Nada se opone a la noche
Delphine de Vigan

Xuntanza


O 1 de decembro do 2021 reunímonos catorce membros do club de
lectura para falar do libro do mes: ” Lo que la noche no esconde”
de Delphine de Vigan.

Salvo
dúas persoas que non engancharon coa obra, o resto encontrámolo
fascinante e moi duro. Pareceunos tremenda a historia desta familia
burguesa e bohemia na que hai incestos, loucura, accidentes mortais,
suicidios …

Pareceunos
unha obra catárquica na que a autora usa tres voces narrativas: fala
en primeira persoa e vainos contando as dificultades de artellar o
relato, outras veces fala como protagonista das aventuras que viviu
en primeira persoa e outras veces é a narradora omnisciente que dá
conta dos diferentes sucesos que lle acontecen á familia. Non hai
orde cronolóxica. A miúdo usa prolepsis para anticipármonos o que
vai suceder (Este apuntamento, fíxoo Xulio que sempre nos ilustra
coa súa erudición).

De
Vigan intenta investigar cal foi a verdadeira personalidade da súa
nai e para iso recorre aos diarios que deixou escritos, as cintas que
gravou o seu avó, as testemuñas directas dos tíos que aínda viven
e da súa irmá…vai reconstuíndo a súa vida dende a nenez ata
que dá co que considera a raíz da loucura : a violación do seu pai
aos dezasete anos e o mirar para outro lado de todos os que a
rodeaban, a avoa incluída. Tamén nos relata a nenez en que era
modelo de publicidade belísima que supoñía para a familia un
produto que xeraba moito diñeiro. Esa nai que dá tombos toda a vida
sufrindo a bipolaridade, entrando e saíndo dos psiquiátricos e
loitando pola cordura e pola vida. Superándose e sendo capaz de
rexurdir. A autora non xulga, simplemente expón feitos e teorías.

Apuntamos
que non sería posible unha vida así sen enmarcala no patriarcado
que permite que a personalidade histriónica do avó non teña freos
de ningún tipo.

O
debate, coma sempre, foi moi animado.