Comunicado do Ateneo Atlántico
Vigo, 8 de maio de 2020
A Xunta Directiva do
Ateneo Atlántico na súa última sesión celebrada telematicamente,
acordou trasladar ás persoas asociadas e ao conxunto da sociedade
viguesa as informacións que detallamos a continuación.
Ateneo Atlántico na súa última sesión celebrada telematicamente,
acordou trasladar ás persoas asociadas e ao conxunto da sociedade
viguesa as informacións que detallamos a continuación.
Dende o pasado 20 de abril
o Ateneo de Vigo, despois de suspender a programación presencial por
mor do confinamento, vén de retomar a súa actividade axeitándoa á
nova realidade e centrándose na modalidade telemática.
o Ateneo de Vigo, despois de suspender a programación presencial por
mor do confinamento, vén de retomar a súa actividade axeitándoa á
nova realidade e centrándose na modalidade telemática.
As actividades que estamos
a desenvolver no momento actual son:
a desenvolver no momento actual son:
-
Elaboración
dun “boletín semanal” que sirva de cos nosas afiliadas e
simpatizantes; este Boletín conta coa información das actividades
e curso e a posibilidade de recollida de suxestións. -
Continuar coa
programación do Club de Lectura organizada polo “literAteneo”.-
A pasada
semana analizouse o libro “Seique”
coa participación da súa autora Susana Sánchez Aríns tendo un
importante seguimento nas redes. -
O próximo
libro elixido para compartir é “Patagonia
Express” de Luis Sepúlveda.
-
-
Xogos
literarios semanais. O primeiro, ata o 7 de maio, baixo a modalidade
de “Refachos”; tratábase de crear variacións a partir dun
poema previamente escollido.-
O próximo
xogo xirará arredor da realización de “Microrelatos”. -
O terceiro,
aínda en fase de preparación, será sobre a forma de expresión
poética do “Haiku”. Neste caso programaremos un par de sesións
online para que un especialista nos fale de que son e de como
elaborar Haikus. -
Como elemento
motivador, este xogos están dotados cun recoñecemento semanal de
50 euros para gastar nunha libraría da nosa cidade. -
As bases, así
como a concreción de diversos aspectos, explicítanse no Blog do
Ateneo Atlántico ( ateneoatlantico.gal ). -
No blog tamén
se poden ler as colaboracións que imos recibindo.
-
-
Decidimos abrir
o noso Blog como Pública Galería das creación artísticas que se
producen na nosa cidade durante o confinamento e que as autoras
teñan a ben compartilas: imaxes, reflexións, música, vídeos,
poemas, críticas, pinturas, libros, conferencias, recomendacións…-
Para acceder á
publicación de achegas hai que remitilas ao enderezo de correo
creado especificamente para esta ocasión: ateneonacasa@mail.com
-
-
Continuar coas
sesións do Cineclub organizado polo “cinemAteneo”: previa
visualización da película seleccionada, o coloquio será a través
das nosas redes sociais e en aberto. -
Instaurar os
que demos en chamar Martes do Ateneo.
Serán conferencias online que, na medida do posíbel, terán un
compoñente interactivo:-
Martes 12 de
maio ás 18h: “Gloria e dor do libro galego”: unha reflexión
sobre a situación do mundo editorial en Galicia. Para este acto
contaremos coa participación de Fran Alonso (Xerais), Malores
Villanueva (Galaxia) e Moisés Barcia (Rinoceronte). -
O martes 19 de
maio, ás 18h, falaremos da gripe española de 1918 na área de
Vigo. Contaremos coa colaboración do presidente do Instituto de
estudos vigueses, X. Carlos Abad e do investigador Xosé Luis
Mateo, membro tamén do citado Instituto. -
Martes 26 de
maio ás 18h: Continuando co ciclo “As novas masculinidades”,
charla con Jorge G. Marín, coordinada por Luisa Abad, baixo o
título “Por que é tan difícil que os homes cambien?”
-
Para conmemorar as Letras Galegas 2020, dadas as especiais características do momento, e co título “E logo…, ti de quen vés sendo?”, o Ateneo Atlántico de Vigo inicia unha campaña para escoller os 10 libros da Literatura Galega que máis gustaron aos lectores e lectoras. Información ampliada, así como formulario de participación, no blog do Ateneo (ateneoatlantico.gal)
Noutra eido, acordouse,
tamén, o deseño e desenvolvemento doutras dúas liñas de actuación
a través das opcións que ofrece Internet: “Falar de Vigo /
Historias da cidade” (conversas con distintas persoas da cidade
sobre acontecementos escasamente coñecidos) e “Viaxar sen saír da
casa” (percorridos virtuais da man de expertos a lugares de Galicia
e Portugal para profundar nos seus aspectos culturais e sociolóxicos
máis interesantes).

Asemade, acordouse a
suspensión do cobro das cotas aos socios mentres non se volva ao
funcionamento habitual de actividades presenciais e o orzamento do
Ateneo o permita.
suspensión do cobro das cotas aos socios mentres non se volva ao
funcionamento habitual de actividades presenciais e o orzamento do
Ateneo o permita.
Por último decidimos
facer pública a nosa inquedanza pola grave situación que atravesa a
sociedade no ámbito Cultural considerado no seu máis amplo
concepto.
facer pública a nosa inquedanza pola grave situación que atravesa a
sociedade no ámbito Cultural considerado no seu máis amplo
concepto.