Vigo, sábado 11 de febreiro de 2023.
Partimos do Areal con 56 persoas (42 socias, 14 non socias) ás 9 da mañá.
Xunto á estatua de Afonso Enriques agardábanos a guía Ana Patricia quen nos fixo un percorrido polas rúas e monumentos máis importantes da cidade.
A seguir, dirixímonos á adega Valle dos três irmãos onde os anfitrións nos ensinaron parte da adega e a casa familiar. Nos xardíns da casa montaron unhas mesas con petiscos e degustación dos dous viños da súa marca branco e rosé. A xente mercou abundante provisión de viño e louvou a súa calidade.
Dirixímonos logo ao restaurante Histórico Papaboa, gozamos dun suculento xantar nunha sala desta mansión do século XVI cun ambiente e unha atención excelentes.
Pola tarde decidimos dar un tempo libre antes de dirixirnos a Citania de Briteiros pero fallounos o cálculo e cando chegamos a Citania xa estaba pechada. Os guías agardaron un tempo por nos pero ante a falta de luz consideraron que non pagaba a pena facer a visita.
Porén a xente non fixo mais que valorar positivamente o conxunto da excursión comunicándonos o ben que o estaban a pasar e dándonos os seus parabéns.
Chegamos a Vigo contra as 21 horas.