• Fala Viva, oralidade sen fronteiras. Ciclo de narrativa oral

    O Ateneo Atlántico impulsa o ciclo de narrativa oral "Fala viva. Oralidade sen fronteiras" para contribuir á divulgación, valorización e transmisión da tradición oral galega ás novas xeracións, e explorando os seus cruzamentos coas formas expresivas máis contemporáneas. O ciclo desenvolverase do 8 de outubro ao 17 de novembro do ano 2026 na cidade de Vigo, principalmente os xoves ás 19.00 h. no salón de actos da sede da ONCE (r/ Gran Vía 16). Tamén haberá unha sesión o 26 de outubro en Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra

  • CdL. Punto de araña. De bestias y aves

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    Os libros seleccionados polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de setembro (xuntanza 7 de outubro), son “Punto de araña” da escritora Nerea Pallares...

  • Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral. Ciclo Fala Viva 1

    "Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral" é o primeiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Camiño Noia será presentada por Luísa Abad presidenta do Ateneo. Cando? Xoves 8 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Salón de actos da ONCE (Av. da Gran Vía, 16, 36203 Vigo, Pontevedra).

  • Serê Kaniyê Documental. Olmo Couto

    Multicines Norte Via Norte 22, Vigo, Pontevedra, Spain

    O cinemAteneo do Ateneo Atlántico de Vigo prácese en presentar o documental Serê Kaniyê de Olmo Couto. Quen? Asistirá o propio director Olmo Couto. Cando? Mércores 14 de outubro, a partir das 19.30 horas. Onde? Nos Cines Norte. (Pendente de completar. Confirmar datos !)

  • Abolicionismo da prostitución, un debate ético. Faladoiro.

    As benfaladas do Ateneo convocan esta xuntanza arredor dun té para conversar sobre abolicionismo e prostitución cun enfoque ético. O faladoiro está conducido por Silvia Pérez Freire sociologa e especialista na materia. Cando? Martes 20 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Local do Ateneo (R/ Hernán Cortés 28, 36203 Vigo, Pontevedra).

  • Encontro de clubes de lectura. Ciclo Fala Viva 2

    "Encontro de clubes de lectura" é o segundo acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico. Quen? Estarán presentes representantes dos clubes de lectura de...

  • Saída a Celanova e Xurés

    O Ateneo Atlántico organiza unha saída á Celanova e ao Xurés para o vindeiro domingo 25 de outubro de 2026. A saída será ás 8.15 horas desde o Instituto Santa...

  • A tradición narrativa, onte e hoxe. Ciclo Fala Viva 1 (Pontevedra)

    “A tradición narrativa, onte e hoxe” é o primeiro acto do ciclo Fala Viva, oralidade sen fronteiras que organiza o Ateneo Atlántico na cidade de Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra. Quen? Camiño Noia será presentada por Luís Rei presidente do Ateneo de Pontevedra. Cando? Luns 26 de outubro a partir das 19.30 horas. Onde? Na Biblioteca IES Valle-Inclán de Pontevedra.