Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Fala Viva, oralidade sen fronteiras. Ciclo de narrativa oral

1 Outubro / 19:00 – 21:00

O Ateneo Atlántico impulsa o ciclo de narrativa oral “Fala viva. Oralidade sen fronteiras” para contribuir á divulgación, valorización e transmisión da tradición oral galega ás novas xeracións, e explorando os seus cruzamentos coas formas expresivas máis contemporáneas. O ciclo desenvolverase do 8 de outubro ao 17 de novembro do ano 2026 na cidade de Vigo, principalmente os xoves ás 19.00 h. no salón de actos da sede da ONCE (r/ Gran Vía 16). Tamén haberá unha sesión o 26 de outubro en Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra.

2026-10-08-FalaV-1600x900b

A oralidade é un dos fundamentos máis antigos e vitais da cultura humana. Máis alá da escrita, a palabra falada —narrada, cantada, recitada, improvisada— constitúe o primeiro canle polo que os pobos transmitiron a súa memoria, a súa identidade e a súa imaxinación. En Galicia, esta tradición oral é especialmente rica: desde as lendas e os contos populares ata a poesía dos trobadores, desde as cantigas de namoramento ata o contador contemporáneo que improvisa en escenario, a voz viva é portadora dunha herdanza irremprazable.

Mais a oralidade non é só patrimonio do pasado. No presente, asistimos a un renacemento e renovación das súas formas: o torneo de poesía (slam poetry), a palabra falada (spoken word), a narración urbana (urban storytelling), as improvisacións narrativas (jam sessions) ou as prácticas de lectura dramatizada conviven coas tradicións máis clásicas, xerando un ecosistema cultural plural e en permanente transformación. A narración oral do século XXI dialoga co dixital, co espectáculo e con novas audiencias que redescobren o pracer de escoitar.

O programa

As sesións serán do 8 de outubro ao 17 de novembro do ano 2026 en Vigo e Pontevedra.

Sesións en Vigo

  1. Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral. Camiño Noia. (8 outubro)
  2. Encontro de clubs de lectura. (22 outubro)
  3. Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego. Rafael Quintiá. (29 outubro)
  4. O conto como viaxe mental. Quico Cadaval. (5 novembro)
  5. Falar en man común. Mesa redonda. (11 novembro)
  6. O aire será a páxina. Poesía fora do papel. Yolanda Castaño. (17 novembro)

Sesión en Pontevedra

  1. A tradición narrativa, onte e hoxe. Camiño Noia. (26 outubro)

.

2026-10-08 FalaV Prog 1600x900b
Máis información

– Quico Cadaval e Yolanda Castaño protagonizan o ciclo sobre tradición oral do Ateneo Atlántico. 26.9.2026. A movida.

– Quico Cadaval y Yolanda Castaño, protagonistas del otoño del Ateneo Atlántico. 1.10.2026. Faro de Vigo.

– El Ateneo Atlántico de Vigo propone un ciclo sobre la tradición oral. 7.10.2026. La Voz de Galicia

– El Ateneo Atlántico de Vigo abre un ciclo para reivindicar la tradición oral. 5.10.2026. Telemariñas.