Fala Viva, oralidade sen fronteiras. Ciclo de narrativa oral
O Ateneo Atlántico impulsa o ciclo de narrativa oral "Fala viva. Oralidade sen fronteiras" para contribuir á divulgación, valorización e transmisión da tradición oral galega ás novas xeracións, e explorando os seus cruzamentos coas formas expresivas máis contemporáneas. O ciclo desenvolverase do 8 de outubro ao 17 de novembro do ano 2026 na cidade de Vigo, principalmente os xoves ás 19.00 h. no salón de actos da sede da ONCE (r/ Gran Vía 16). Tamén haberá unha sesión o 26 de outubro en Pontevedra en colaboración co Ateneo de Pontevedra
