Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Abolicionismo da prostitución, un debate ético. Faladoiro.

20 Outubro / 19:00 – 21:00

As benfaladas do Ateneo convocan esta xuntanza arredor dun té para conversar sobre abolicionismo e prostitución cun enfoque ético. O faladoiro está conducido por Silvia Pérez Freire sociologa e especialista na materia. Cando? Martes 20 de outubro a partir das 19.00 horas. Onde? No Local do Ateneo (R/ Hernán Cortés 28, 36203 Vigo, Pontevedra).

2026-10-20 Abolic 1600x1600
A relatora

Silvia Pérez Freire é unha socióloga galega especializada en xénero, violencia e sexualidade.

Licenciouse en Socioloxía na Universidade da Coruña, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela e imparte clases na Universidade de Vigo.

En 2018 gañou o premio á mellor tese sobre violencia de xénero concedido polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade, pola investigación desenvolvida na USC Vitimización da trata sexual: imaxinarios e invisibilización’.

Colabora con diferentes ONG na reivindicación dos dereitos humanos das mulleres e co Consello da Cultura Galega.

Fonte: Wikipedia

O acto
2026-10-20 Abolic 1600x900 Mesa

.

2026-10-20 Abolic 1600x900 Asist

.

2026-10-20 Abolic 1600x900 Grupo

.

2026-10-20 Abolic 1600x900 Relat1