
Merendola feminista
Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, SpainA comisión de igualdade do Ateneo Atlántico invítanos a unha nova edición das súas merendolas feministas. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós mesmas traemos. Despois de falar longo e tendido sobre Sexualidade feminina nas tres xuntanzas anteriores, nesta ocasión cómpre poñer enriba da mesa o tema das agresións sexuais.