Cargando eventos
  • Este evento pasou.

« Todos os eventos

Presentación libro: Antía Otero

16 Marzo 2023 / 19:30 21:00

2023-03-16 Presentacion Barroco

O xoves 16 de marzo, ás 19.30, na biblioteca da EMAO, presentaremos o libro Barroco, de Antía Otero. Contaremos coa presenza da autora que conversará con Oriana Méndez. Porá a música Su Garrido.

Presentación do libro Barroco
De Antía Otero
Con Oriana Méndez
E música de Su Garrido

Desta maneira a autora lévanos por un camiño moi persoal que, ao mesmo tempo, pode ser escenario das vivencias de cada un de nós, pois moitos dos lugares e experiencias que describe son comúns e mesmo as reflexións son, ás veces, parecidas ás que nós mesmos fixemos perante situacións similares. E aquí englobaría as abundantes referencias á infancia e a un entorno rural que, por momentos, chega a aproximarse ao bucólico grazas á certeira pluma de Antía. Entre as reflexións máis persoais destacaría as derivadas das referencias á morte e a perda que iso significa, con implicacións directas ás feridas herdadas polas novas xeracións e o sentimento de rebeldía, mesmo de insubmisión, que provoca no eu poético tal situación. Esta é unha parte esencial do discurso encerrado no poemario.
(Texto escrito por Manrique Fernández na web ComarcasNaRede)

Biblioteca da EMAO

Rúa García Barbón 5
Vigo, Galicia 36209 Spain
+ Google Map