- This event has passed.
Do mito do crecemento ao decrecemento. 3
21 Marzo 2023 / 19:00 – 21:00
Terceira e definitiva actividade do Ciclo Do mito do Crecemento ao Decrecemento que organiza o Ateneo Atlántico de Vigo, xunto coa Rede para o Decrecemento Eo-Navia, Galiza, O Bierzo, e a Universidade de Vigo (Post-Growth e Ecobas).
Neste caso o título do acto é Vantaxes e inconvenientes da economía circular. Terá lugar, como é habitual no ciclo, no salón de actos da Facultade de Comercio da Universidade de Vigo (rúa Torrecedeira 105) en horario de 19 a 21 horas.
Trátase de reflexionar arredor do crecemento desmesurado da economía e a necesidade de entrar nun período de Decrecemento.
Ventaxes e inconvenientes da economía circular
Economía circular/Economía entrópica.
Vantaxes, inconvenientes e limitacións.
Miguel Rodríguez Méndez. Profesor do Departamento de Economía Aplicada de Uvigo.
Brais Suárez Eiroa. Investigador Post-Doctoral no Post-Growth Innovatiow. Uvigo
Mario Pansera. Doctor e Director do Post-Growth Innovatiow. Uvigo.
Presenta e dinamiza o coloquio: Miguel Anxo Abraira. Presidente da Rede para o Decrecemento Navia-Eo, Galiza, O Bierzo.