- This event has passed.
Seminario de Iniciación á fotografía
16 Marzo 2023 / 19:00 – 21:30
O Ateneo Atlántico organiza un Seminario de Iniciación á fotografía dixital, centrado na Composición fotográfica. Terá lugar a partir do xoves 16 de marzo, en horario de 19 a 21.30 horas. Constará de catro sesións e as datas posterioress marcaranse por consenso entre as persoas participantes.
Iniciación á fotografía dixital
A composición fotográfica
Grupo Petanxeros-Vigo
A quen vai dirixido?
O seminario está dirixido a todas as persoas socias do Ateneo Atlántico, sen necesidade de que teñan coñecementos previos de fotografía.
O único requisito previo é que as persoas participantes queiran mellorar as súas fotos mediante unha aprendizaxe teórica e práctica das técnicas básicas de exposición e composición fotográfica, para así aproveitar ao máximo as posibilidades das súas cámaras, tanto sexan teléfonos móbiles, como cámaras compactas, sen espello ou réflex.
Duración
O seminario terá unha duración de catro sesións.
A primeira sesión terá lugar o xoves 16 de marzo entre as 19 e as 21.30 horas.
A partir de aí, as propias persoas participantes consensuaran as datas para celebrar a tres sesións restantes.
Onde?
No local do Ateneo Atlántico, na rúa Dr. Cadaval 17
Relatores
Grupo Pentaxeros-Vigo
Rafael Ojea, Luís Otero, Jorge Rodríguez e Juan de Oca.
Fotógrafo invitado, Anxo Cabada.
Inscrición
A inscrición formalizarase enviando un correo electrónico á dirección:
ateneo@ateneoatlantico.gal
O correo incluirá os seguintes datos:
- No Asunto figurará: “Seminario de fotografía Ateneo”
- No corpo da mensaxe:
- Nome e apelidos da persoa solicitante
- Enderezo electrónico
- Número de teléfono móbil
- Tipo e modelo de cámara que utiliza habitualmente
A data límite para o envío de solicitudes será o luns 13 de marzo
Para garantir unha atención individualizada, o seminario ten un número limitado de prazas.
A orde de adxudicación será por estricta orde de chegada.