Recital poético a Cabeleira

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

“A cabeleira (Fragmentos)” é un poema de Claudio Rodríguez Fer que foi traducido a setenta idiomas. O Ateneo presenta un recital poético arredor de A Cabeleira. Contaremos co autor, Claudio Rodríguez Fer, coa autora da cuberta do libro, Carmen Blanco, e 20 invitados e invitadas que lerán fragmentos do poema nos seus respectivos idiomas. Será...

Unha peli con… Roi Cagiao

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Dentro do marco da proposta do cinemAteneo 'Unha peli con...', o convidado para participar o vindeiro 19 de marzo é o director Roi Cagiao (Vigo 1972, 2017). Roi proponnos compartir a película 'Operación Ogro' (Gillo Pontecorvo, 1979). A proxección, co correspondente coloquio, terá lugar o martes 19 de marzo, no espazo Ateneo, a partir das 19.15 horas.

Merendola feminista

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

Baixo o título xenérico de Merendolas feministas, o Ateneo Atlántico inaugura un novo modelo de actividade participativa. Trátase, simplemente, de xuntármonos para falar dun tema que nos afecte directamente arredor dunha merenda que nós traemos. Para esta primeira ocasión pensamos falar arredor da Sexualidade feminina. Animádevos a participar! Será o mércores 20 de marzo, a partir das 19.30 no local do Ateneo.

Club de lectura marzo

Espazo Ateneo Doutor Cadaval 17, Vigo, Pontevedra, Spain

O libro proposto polo Club de lectura para o mes de marzo é As malas mulleres, de Marilar Aleixandre. A xuntanza terá lugar o mércores 3 de abril, ás 18.30 horas, no espazo Ateneo.

Presentación libro, As escumas da letra

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

O Ateneo de Vigo presenta o libro As escumas da letra, Biobliografía de Luisa Villalta, escrito por Esperanza Mariño. A obra, organizada en dúas partes, presenta a vida e a obra da escritora coruñesa á que lle dedicamos o Día das Letras Galegas 24, Luisa Villalta. Terá lugar o mércores 9 de abril, a partir das 19.30 horas, na EMAO.

Antonio Rey Soto, Pioneiro do cine galego

Biblioteca da EMAO Rúa García Barbón 5, Vigo, Galicia, Spain

Sesión do cinemAteneo arredor da figura de Antonio Rey Soto e da técnica do Benshi. Contaremos con Manolo González, autor do libro O Benshi de Galicia. Proxectaremos fragmentos da película Viaje por Galicia (Luís R. Alonso, 1926) narrada ao modo Benshi por Toñi Caseiro. Presenta José Luís Mateo. Será o mércores 10 de abril, ás 19 horas, na Biblioteca da EMAO.

Banca Ética

Casa Galega da Cultura Praza da Princesa, 2, Vigo, Galiza, Spain

O martes 16 de abril, ás 19.30 horas, no local da Casa Galega da Cultura poremos enriba da mesa o tema da Banca Ética. Mario Martínez Lorenzo falará sobre a Sabia, unha moeda social galega, mentres que Manuel Adame Moldes o fará sobre Fiare, modelo de banca ética.

Saída á comarca do Deza

Románico, Minería e Arquitectura no Deza. Saída o sábado 20 de abril para percorrer a comarca do Deza con visita ás igrexas románicas de Ansemil e Breixa, a Carboeiro, e ao poboado mineiro de Fontao, co seu museo da minería. A comida será en Vila de Cruces.