Cine Experimental, Un
Sesión de introdución ao Cine Experimental contará coa ponencia "Estética e cinema experimental" a cargo de Adrián Viéitez, e o visionado comentado de dúas películas experimentais con Víctor Soho
Sesión de introdución ao Cine Experimental contará coa ponencia "Estética e cinema experimental" a cargo de Adrián Viéitez, e o visionado comentado de dúas películas experimentais con Víctor Soho
O proximo 21 de novembro cúmprese o centenario do nacemento de María Victoria Casares Pérez (A Coruña, 21 de novembro de 1922 – Alloue, Charente, Francia, 22 de noviembre de 1996) e o Ateneo Atlántico quere sumarse aos actos de recoñecemento á actriz coa celebración dun ciclo de charlas co nome xenérico de “Lembrando a María Casares”.
Presentación do libro Cruzados polo camiño, de José G. Barral.
Premio de Novela Camiño de Santiago 2021.
Coa participación do propio autor e de Germán Fente Pardo, médico e articulista.
Visita guiada da man de Anxo á súa exposición, “Sombras atlánticas", un proxecto centrado nas persoas que elas mesmas crean a beleza: os e as artistas.
Segunda sesión do ciclo de Cinema Experimental. Contaos coa mirada e a presenza dunha realizadora viguesa, Acacia Ojea, que está a acadar un notable recoñecemento fóra da cidade.
O Ateneo Atlántico presenta o libro Quen non ten un avó fascista? de Inma López Silva en Editorial Galaxia.
Será o xoves 15 de decembro, ás 19.30 horas no local do Ateneo. Contaremos con Xesús Alonso Montero.
Presentación do libro Retratos en fite, de Xosé Manuel Beiras. Con Martiño Noriega e Laura Caveiro. 20 de decembro de 2022, 19 horas, biblioteca da EMAO de Vigo.
A terceira entrega do ciclo de Cinema Experimental será o próximo 21 de decembro de 2022, ás 19 horas, nos locais de Aula D (Rúa Elduayen 36). Neste terceiro acto, o coordinador do curso, Víctor Soho, conversa con XaGue arredor do cinema experimental e das catro películas que proxectaremos