- Este evento pasou.
Cine Experimental, Un
18 Novembro 2022 / 19:00 – 21:00
Redes e interferencias: Un outono en Nova York

Introdución ao cinema experimental
Con Adrián Viéitez e Víctor Soho
Presenta Paula Giráldez.
A sesión de introdución ao Cine Experimental contará coa ponencia “Redes e interferencias: Un outono en Nova York” a cargo de Adrián Viéitez, e o visionado comentado de dúas películas experimentais:
- News From Home, de Chantal Akerman
- The Road to Magnasanti, de John Wilson
A través destes dous filmes, tamén faremos unha reflexión sobre o espazo urbano, utilizando a cidade de Nova York como exemplo.
A presentación das películas, así como os comentarios e a moderación do coloquio correrán a cargo de Adrián Viéitez e Víctor Soho.
Adrián Viétitez, (Vigo, 1994). Xornalista cultural e poeta. Profesor de poesía contemporánea no Máster de Xornalismo Cultural da USP-CEU. Traballou na sección de cultura de El País, La Voz de Galicia, Radio Galega, Jot Down ou no Festival Marxes. Coordinador da antoloxía ‘Árbores froiteiras’ e autor de ‘espalda con espalda’ e ‘tratado sobre o teu nome’.
Victor Soho, (Vigo, 1999). Realizador, estudou cinema documental na ECAM (Madrid), onde explorou áreas relacionadas co cinema experimental, o videoarte e a instalación. Actualmente continúa os seus estudos co grao de Filosofía.