Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Presentación Libro Inma L.Silva

15 Decembro 2022 / 19:30 21:00

2022-12-15-Presentacion InmaLSilva
Presentación do Libro Quen non ten un avó fascista?
De Inma López Silva
Coa presenza da autora
Con Xesús Alonso Montero

Publicada na colección Memoria Histórica de Editorial Galaxia, Quen non ten un avó fascista?, é un exercicio de liberdade e democracia. Na novela, inspirada en feitos reais, o personal faise político, poñendo en valor a memoria colectiva.

“Hai unha memoria do 36 que é tamén a da retagarda, a dos sorprendidos, a dos que non lograron ser heroes, a dos oportunistas de supervivencia”. Ese é o argumento que propón Inma López Silva neste libro que oscila entre a memoria familiar, a ficción e o relato histórico a partir da vida do seu avó paterno, alcalde franquista dun pequeno concello rural.
A través del, cóntasenos unha historia que se centra nos perdedores e foxe do aspecto heroico que tan a miúdo constrúe a nosa lectura da guerra e a ditadura, retirando o foco daqueloutra maioría que, simplemente, sobrevivía como podía. A vida da familia retratada en Quen non ten un avó fascista? conta dun xeito orixinal a historia política da Galicia da segunda metade do século XX, dando unha explicación aos silencios, temores e vergoñas que, así, se converten en motivo literario de categoría.

Textos extraídos da ficha do libro na Editorial Galaxia.
Acceder á información completa da Editorial.

Espazo Ateneo

Doutor Cadaval 17
Vigo, Pontevedra 36202 Spain
+ Google Map
696 856 947
View Venue Website