Loading Events
  • This event has passed.

« All Events

Visita guiada expo Anxo Cabada

27 Novembro 2022 / 12:00 13:00

Exposición fotográfica
Sombras Atlánticas
Anxo Cabada

Anxo Cabada (Sabucedo) leva catro décadas fotografando o territorio galego en proxectos nos que abordou diferentes temáticas como, entre outras, o mar en ‘Mareagrafías’ (2005), a terra en ‘Terragrafías’ (2009) e as vilas galegas en ‘Vilagrafías’ (2012), unha proposta literario-fotográfica. En ‘O imaxinario do país’ (2018) Cabada retratou as escritoras e escritores galegos.

Hoxe visitamos da súa man a súa nova exposición, “Sombras atlánticas”, un proxecto centrado nas persoas que elas mesmas crean a beleza: os e as artistas.

Así podemos atopar retratos de artistas dos anos 70, como os de Silverio Rivas ou Buciños, de representantes do Grupo Atlántica dos 80, Menchu Lamas, Patiño ou Din Matamoros, escultores como Leiro, Soledad Penalta ou Manolo Paz.
Cómpre salientar que a mostra saca á luz un importante colectivo de artistas historicamente silenciados ao longo de toda a historia da arte. Deste xeito, case que a metade das persoas retratadas por Cabada son mulleres, e entre outras moitas, están Carme Nogueira, Pamen Pereira, Lula Goce ou Sula Repani.

A visita, da man do propio Anxo Cabada, terá lugar o domingo 27 de novembro de 2022.
A hora da xuntanza, no acceso principal ao edificio Castelao do Museo de Pontevedra, será as 12 horas.
O desprazamento será de xeito particular.

Aproveitando o desprazamento, o Ateneo Atlántico recomenda completar a visita con dous acontecementos culturais de singular importancia.

Por unha banda está a exposición Eloxio do Silencio, de Silverio Rivas, no mesmo edificio Castelao (24/11/2022 – 05/02/2023).

Edición de 2022 da que xa está consolidada como un referente nas ferias culturais: Culturgal, que se desenvolve entre os días 24 e 27 no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Museo de Pontevedra

Rúa Padre Amoedo Carballo, 3
Pontevedra, 36002 Spain
+ Google Map
View Venue Website