- This event has passed.
Cine Experimental, Dous
29 Novembro 2022 / 19:00 – 21:00
Acacia Ojea e as súas curtametraxes
Con Acacia Ojea e Víctor Soho
Presenta Paula Giráldez
Nesta segunda sesión de Cinema Experimental, contaremos coa mirada e a presenza dunha realizadora viguesa, Acacia Ojea, que está a acadar un notable recoñecemento fóra da cidade.
https://interseccion.gal/2021/galicia/acacia-ojea-bio/
Nesta sesión veremos, ademais dalgún traballo de Acacia, outras curtas en sintonía co entendemento que deste tipo de cinema ten a autora.
A presentación das obras, así como os comentarios e a moderación do coloquio correrán a cargo da propia Acacia e Víctor Soho.
As curtametraxes que veremos son:
- Messages
- Instructions on how to make a film
- La bouche, promèner, non, non, non
- El cansancio tiene un gran corazón
Acacia Ojea (Vigo, 1994) realizadora, con formación en belas artes e musical clásica. Traballou no sector cultural de cidades como Marsella (Francia) e Porto (Portugal). Os seus traballos foron recoñecidos con distintos galardóns.
Victor Soho, (Vigo, 1999) realizador, estudou cinema documental na ECAM (Madrid), onde explorou áreas relacionadas co cinema experimental, o videoarte e a instalación. Actualmente continúa os seus