• CdeL xaneiro. Los recuerdos del porvenir

    O libro elixido polo Club de Lectura do Ateneo Atlántico de Vigo para ler ao longo do mes de decembro é Los recuerdos del porvenir, da mexicana Elena Garro. A xuntanza terá lugar o mércores 7 de xaneiro, a partir das 18.30 horas, no salón Vitruvia-Ateneo (Reconquista 7).

  • CdeL febreiro: Tamarindo

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de xaneiro (xuntanza 4 de febreiro), é Tamarindo, de Xavier Queipo. O libro foi o gañador do VI premio de Novela Vilar Ponte (2024). Para a xuntanza temos comprometida a presenza do autor, bo amigo do Ateneo e presidente do xurado na edición de 2025 do premio Exeria.

  • CdeL. Nones Araújo

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de febreiro (xuntanza 4 de marzo), é A Madriña, da nosa compañeira Nones Araújo. O libro foi gañador da I Edición do Premio de Novela Curta "Alén" do Concello de Ares (2025). Para a xuntanza que comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita) temos comprometida a presenza da autora.

  • CdeL marzo: El recurso del método

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de marzo (xuntanza 1 de abril), é "El recurso del método" do escritor cubano Alejo Carpentier. O libro foi publicado en 1974 e adscrito ao subxénero da literatura hispanoamericana coñecido como novela do ditador. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).

  • CdeL abril: Morgana en Esmelle

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de abril (xuntanza 6 de maio), é "Morgana en Esmelle" da escritora galega Begoña Caamaño. O libro foi publicado en 2012 na Editorial Galaxia e nel a escritora pretende botar sobre unha mirada feminina sobre a Materia de Bretaña e co mundo fabuloso da terra de Miranda descrito por Álvaro Cunqueiro en Merlín e familia. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).

  • CdeL maio: Medos

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza 3 de xuño), é "Medos" do escritor Héctor Carré e publicado por Edicións Xerais. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).

  • CdL. Punto de araña. De bestias y aves

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    Os libros seleccionados polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de setembro (xuntanza 7 de outubro), son “Punto de araña” da escritora Nerea Pallares publicado por Galaxia, e "De bestas e aves" de Pilar Adón publicado por Galaxía Gutenberg. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa...

  • Es hoy. Clube de lectura. Novembro 2026

    Local Ateneo Hernán Cortés 28 Baixo D, Vigo, Galicia, Spain

    O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de outubro (xuntanza 4 de novembro) é “Es hoy” do debuxamte madrileño Carlos Giménez publicado por Reservoir Books no ano 2020. A xuntanza comezará ás 18.30 no noso local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita).