CdeL. Nones Araújo
4 Marzo / 18:30 – 20:30
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de febreiro (xuntanza 4 de marzo), é A Madriña, da nosa compañeira Nones Araújo. O libro foi gañador da I Edición do Premio de Novela Curta “Alén” do Concello de Ares (2025). Para a xuntanza que comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita) temos comprometida a presenza da autora.


