- Este evento pasou.
CdeL maio: Medos
3 Xuño / 18:30 – 19:30
O libro seleccionado polo Club de lectura do Ateneo Atlántico para ler ao longo do mes de maio (xuntanza 3 de xuño), é “Medos” do escritor Héctor Carré e publicado por Edicións Xerais. A xuntanza, que contará coa presenza do autor, comezará ás 18.30 no noso novo local na rúa Hernán Cortés 28 (baixo dereita)

A obra
Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos… Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos. Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden ser ridículos e ata cómicos; pero outros son tan aterradores que nos impiden abrir os ollos.
(Da web de Edicións Xerais)
O autor
Héctor Carré (A Coruña, 1960) é director de cine e escritor. Desde 2001 volve residir na Coruña onde tamén traballa en publicidade e como guionista para a Televisión de Galicia («Libro de familia» e «Matalobos») e para o cine, ademais de seguir dirixindo películas como «Personal Movie» (2011) ou as longametraxes documentais «Post Truth Times» (2017) e «Clown’s Planet» (2021). O libro de relatos «Medos» (Xerais, 2021) é a súa obra máis recente na colección Narrativa.
(Da web de Edicións Xerais)
O acto
.

.


