Elvira Landín
O 22 de novembro, o Ateneo Atlántico celebrou o acto de recoñecemento a Elvira Landín como socia de honra.
O 22 de novembro, o Ateneo Atlántico celebrou o acto de recoñecemento a Elvira Landín como socia de honra.
Vídeo da charla de Manuela Carmena sobre Coidar a democracia, o 23 de novembro no Ateneo Atlántico de Vigo
Economía feminista. Sobre epítetos, oxímoron e outros paradoxos. Como pode ser que o enfoque da economía non sexa feminista? Disto, e de moito máis, falaron con nós Coral del Río e Amada Traba. Foi o xoves 19 de outubro na Casa Galega da Cultura
O xoves 16 de novembro, a nosa socia e amiga, Nones Araújo presentou o seu último libro, A madriña. Esta novela foi galardonada co premio Alén do Concello de Ares e a Editorial Hércules. No acto, e ademais da autora, participaron Enrique León e a editora, Laura Rodríguez.
O 9 de novembro, Pepe Cabido e Chis Oliveira conversaron sobre as consecuencias na adolescencia do modelo pornográfico.
O día 8 de Novembro de 2023 estivemos 18 persoas, no noso espazo, para dar boa conta de “Tirano Banderas. Novela de tierra caliente”, de Valle-Inclán. Obra escrita en 1926, editada en América con moitos atrancos.