Os 6 videos do ciclo “Fala Viva, oralidade sen fronteiras” xa están dispoñibles. (24.11.2026)

Xa están dispoñibles os videos das grabacións das seis actividades do Ateneo que compuxeron o ciclo “Fala Viva, oralidade sen fonteiras” na cidade de Vigo. O ciclo tratou de contribuir á divulgación, valorización e transmisión da tradición oral galega ás novas xeracións, e explorando os seus cruzamentos coas formas expresivas máis contemporáneas.

2026-11-24 FalaV Videos

Cada video está incluído dentro de cada actividade xunto con toda a información do propio acto (relatores e relatoras, fotos etc.). Os enlaces a estas actividades son os seguintes:

  1. Mirando cara ao futuro, a importancia da narrativa oral. Camiño Noia. (8 outubro)
  2. Encontro de clubs de lectura. (22 outubro)
  3. Heichas contar. Contribución ao corpus mitolóxico galego. Rafael Quintiá. (29 outubro)
  4. O conto como viaxe mental. Quico Cadaval. (5 novembro)
  5. Falar en man común. Mesa redonda. (10 novembro) (Ollo, data cambiada)
  6. O aire será a páxina. Poesía fora do papel. Yolanda Castaño. (17 novembro)
Máis información

Enlace: Fala Viva, oralidade sen fronteiras. Ciclo de narrativa oral. Ateneo Atlántico (1.10.2026)