Dende ao Ateneo despedimos cun fondo pesar a Xosé Luís Méndez Ferrín, unha figura fundamental da nosa cultura e da nosa cidade e unha persoa moi querida por todos os que formamos parte desta entidade.
Ao longo do tempo, contamos coa súa proximidade, xenerosidade e compromiso, deixando unha pegada imborrable no noso camiño e no corazón dos que tivemos a sorte de traballar ao seu carón. A súa voz e a súa entrega seguirán ben presentes na nosa memoria colectiva.
O noso maior agarimo e solidariedade para á súa familia, amizades e a toda a cultura galega. Descanse en paz.

Máis información
Algúns enlaces a actos relacionados con Xosé Luís Méndez Ferrín no Ateneo Atlántico:
– Os mundos de Ferrín (20/9/2018, 27/9, 4/10, 12/10)
– Presentación do documental “Os Mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín” (20/6/2019)
– Arraianos. Club de Lectura (5.4.2025). Arraianos. Club de Lectura (7.5.2025)
– Rexurdimento: a palabra e a idea (3.12.2019)
– Presentación “Castelao. Construtor da nación” (20.10.2019)
– A trabe de Ouro. Presentación do número 110 (24.6.2019)
