Presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea (Ed. Xerais)
De Anxo Angueira. Con X.L. Méndez Ferrín e Manuel Forcadela
Martes, 3 de decembro de 2019
19.30 horas, Biblioteca da EMAO
Para este próximo martes 3 de decembro temos programado un acto que, pensamos, ten un enorme atractivo. Trátase da presentación do libro Rexurdimento: a palabra e a idea (Xerais), de Anxo Angueira. Ademais do propio autor, contaremos coa inestimábel presenza de Xosé Luís Méndez Ferrín e de Manuel Forcadela. Todo un luxo na xeografía actual da cultura galega.
Partindo da consolidación da expresión ‘Séculos escuros‘ e, sobre todo, da de ‘Rexurdimento‘, para definir dous períodos clave na historia de Galicia e da súa literatura, neste Rexurdimento: a palabra e a idea, o profesor Anxo Angueira,
‘repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén
aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e
política galega contemporánea‘ (Ficha do libro no blog de Xerais).
‘repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén
aplicando tanto á literatura do XIX como en xeral á historia cultural e
política galega contemporánea‘ (Ficha do libro no blog de Xerais).
- Anxo Angueira Viturro (Manselle, Dodro, 1961) é doutor en Filoloxía galega e profesor da Universidade de Vigo; compaxina o seu labor docente coa presidencia da Fundación Rosalía de Castro e coa produción literaria en todos os seus rexistros, narrativo, poético, ensaístico e mesmo editorial. Ao longo da súa traxectoria ten acadado numerosos premios e recoñecementos entre os que podemos destacar o premio Xerais de novela de 1999 por Pensa nao, ou
o Xosé María Díaz Castro de poesía, en 1997, polo Libro da Vertixe. No eido do ensaio destaca polo seu profundo coñecemento da figura e obra de Méndez Ferrín e do período do Rexurdimento. - Sobre
Méndez Ferrín e Manolo Forcadela pouco temos que dicir. Trátase de dous
nomes imprescindíbeis na docencia e na literatura galegas da segunda
metade do século XX e do que levamos deste XXI e que, estamos certos,
son quen de enriquecer o coloquio coa súa simple presenza.
A presentación terá lugar o martes 3 de decembro, ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios, rúa García Barbón 5, Vigo).