Presentación do documental
Os mundos de Xosé Luís Méndez Ferrín

Multicines Norte
Xoves 20 de xuño 19.45 horas

Durante os mese de setembro e outubro do pasado ano, o Ateneo Atlántico organizou un ciclo de conferencias ao redor da persoa de Xosé Luís Méndez Ferrín. Neles nos achegabamos á figura do mestre ourensan nas súas facetas poéticas, xornalísticas, narrativas e políticas, e contábamos para elo coas voces destacadas dun número grande de invitados e expertos. Preparando aquel ciclo naceu este documental, realizado ao longo do verán do 2018, e que recolle os testemuños de 17 representantes do mundo cultural galego sobre as súas relacións con Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das figuras máis importantes na cultura galega do século XX. Os entrevistados analizan a produción xornalística e literaria ferriniana, relatan as pegadas vitais, políticas e intelectuais deixadas pola súa influencia persoal e testemuñan a intervención do literato ourensán como animador cultural e fundador de diversas iniciativas políticas e editoriais.

Este xoves, día 20 de xuño ás 19:45 Manuel Forcadela, director do documental, virá presentarnos a estrea mundial do documental, nos Multicines Norte de Vigo.
A entrada será gratuíta até completar o aforo da sala (100 persoas)

O vídeo conta coa participación de: Rexina R. Vega, Uxío Couto Carballido, Luís Vázquez, Xosé Manuel Beiras Torrado, Manuel San Severiano Caxide, Xurxo Martinez González, Xavier R. Baixeras, Xosé Cid Cabido, Antón Rodríguez Reixa, Silvia Penas, Antonio Durán Morris, Manuel Outeiriño, Rosa López, Xosé María Álvarez Cáccamo, Antón Figueroa, Anxo Angueira, Francisco Sampedro, Francisco Fernández Rei.

Guión, Montaxe e Dirección: Manuel Forcadela
Director de fotografía: Anxo Cabada Álvarez
Gravación de son: Antón Davila

Duración: 86 min