A andaina polo Castro
con Xurxo Pérez Pintos (Polos camiños de Vigo: o parque do Castro,
formas de intelixencia das árbores), estaba anunciada para o sábado 7 pero, por mor das previsións
climatolóxicas, vémonos na obriga de aplazala para o sábado seguinte, 14 de
abril, entre, aproximadamente, as 11.30 e as 13.30.
Esta actividade é a primeira dun ciclo para coñecer Vigo camiñando e céntrase nun
paseo polo Castro guiados por Xurxo Pérez Pintos, biólogo cunha ampla
traxectoria neste tipo de paseos pedagóxicos.
Dado o
modelo de actividade, ten unha participación máxima de 25 persoas; no
caso de recibir solicitudes suficientes poderemos organizar un segundo
paseo. Nos dous casos a actividade será totalmente gratuíta.
A
inscrición, en principio, está reservada a persoas asociadas ao Ateneo e
cada asociado poderá invitar a unha segunda persoa (asociada ou non).
Para inscribirse hai que mandar un correo electrónico a ateneoatlantico@gmail.com
no que conste o nome completo e o número de asociado da persoa que
realiza a inscrición e, no caso de querer levar invitado, o nome
completo desta segunda persoa.
A selección de participantes
realizarase por rigorosa orde de chegada ao noso buzón dos correos
electrónicos coa solicitude de inscrición. As solicitudes que non se axusten ao punto
anterior non serán tidas en conta.
Ás persoas seleccionadas avisarémolas directamente da súa selección e da concreción do horario e lugar de cita.