Ateneo Atlántico
Universidade de Vigo
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Mesa Redonda
Mulleres na Ciencia e na Tecnoloxía
Martes 24 de abril de 2018, ás 19.30, no Edificio Cambón (rúa Palma 4, Vigo)
O próximo 24 de abril, martes, o Ateneo Atlántico, en colaboración coa Escola de Enxeñaría da Telecomunicación da Universidade de Vigo, e baixo o título xenérico, Vai Violeta, inicia un novo ciclo de mesas redondas para salientar o papel da muller galega no mundo da ciencia e da tecnoloxía.
Deste xeito, na primeira mesa, que leva por título Mulleres na Ciencia e na Tecnoloxía, cinco mulleres debaterán sobre a situación da muller na ciencia e na tecnoloxía, desde as perspectivas da academia, a industria e a enxeñaría. Achegarán datos obxectivos que reflictan a realidade, reflexionarán sobre as súas causas, consecuencias e estratexias de mellora, e achegarán experiencias persoais no seu desenvolvemento profesional.
As participantes na mesa, por orde alfabética, son:
- Beatriz Legerén Lago, profesora na Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais da
Universidade de Vigo. - Edita de Lorenzo, Profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo.
- Berta Ruíz, enxeñeira responsable da Área de Instrumentación e Ensaios Eléctricos no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG).
- Soledad Torres Guijarro, profesora na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Actuará como presentadora e moderador da mesa Ana Lahuerta.
Outros datos das participantes son
- Beatriz Legerén Lago:
- Licenciada en Xeografía e Historia e Doutora en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo.
- Profesora na Facultade de Comunicación e Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, onde imparte clase no itinerario de novos medios.
- A súa liña de traballo investigador céntrase no deseño de produtos de entretemento
interactivo e o seu uso como ferramentas de traballo máis aló do uso lúdico. Entendendo
deseño como a fase de concepción dun produto que necesita para a súa construción, regras, mecánicas, tecnoloxía e narración. - Colabora como relatora e conferenciante en diferentes seminarios e cursos: Máster en VideoJuegos e Educación (Universidade de Valencia); Máster de Dirección de Arte Publicitaria (Universidade de Vigo); Máster en Xestión Produción Audiovisual (UDC).
- Con anterioridade foi xerente das empresas Interaccion, CIM (1997-2013) onde puido traballar coas principais marcas de Galicia, Inditex, Estrela Galicia, Pescanova, Caramelo…
- Ao longo da súa carreira profesional desempeñou diversos cargos en asociacións profesionais tanto do sector audiovisual como do sector Tic:
- Presidenta de Eganet (Asociación de empresas Galegas Adicadas a Internet e Novas Tecnoloxías 2.006-2.010).
- Presidenta do Clúster das empresas Tic de Galicia (2.008-2.010).
- Membro do Comité Estratéxico do Clúster Audiovisual de Galicia 2.006-2011.
- Membro do Comité Estratéxico e de Dirección do Clúster Tic de Galicia (2.010-2012)
- Edita de Lorenzo:
- Traballa na UVigo dende 1993, tras facelo na Universidade de Valladolid e de varias estadías na Northeastern University en Boston.
- Enxeñeira (1992) e Doutora (1997) en Enxeñaría de Telecomunicación pola UVigo.
- Na actualidade:
- Comisionada para o Vigo Tecnolóxico (2017.
- Profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións (1998)
- Con anterioridade:
- Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (2009/15).
- Coordinadora Máster Enxeñaría de Telecomunicación (2015/17).
- Directora xeral de .GAL (2014/17).
- Cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), cap. IEEE.
- É autora e coautora de artigos e publicacións científicas; ten participado en numerosos
proxectos de investigación relacionados con sistemas de comunicacións. - É revisora de varias revistas científicas, e colabora como avaliadora en comisións da ACSUG, da Axencia Estatal de Investigación e coa ANEP.
- Outras colaboracións:
• Secretaria na Xunta Directiva da Asociación PuntoGal, 2017.
• Vicedecana/Vicepresidenta do Colexio/Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación
de Galicia, 2017.
• Vogal (experta) da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia, 2011.
- Berta Ruiz
- Enxeñeira Superior Industrial (Universidade de Vigo) na especialidade de Automática e
Electrónica Industrial, con PFC na Universität Siegen. - Na actualidade enxeñeira de Test no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), onde desenvolve a súa actividade dende o ano 2005o no sector da automoción en empresa de servizos tecnolóxicos, testing e I D i.
- Dende 2015, é a responsable do Área de Instrumentación e Ensaios Eléctricos. Participou en varios proxectos de I D i con financiamento público e privada, sendo a investigadora principal dalgún deles.
- É coautora de patente europea.
- Soledad Torres Guijarro
- Enxeñeira de Telecomunicación (Universidade Politécnica de Madrid – UPM, 1992) e doutora enxeñeira de Telecomunicación (UPM, 1996), especializada en Tratamento Dixital de Sinais.
- Na actualidade é profesora na Escola de Enxeñería de Telecomunicación da Universidade de Vigo
- Con anterioridade
- Profesora na Universidade Carlos III de Madrid, Universidade de Valladolid e Universidade Europea de Madrid
- Investigadora na Universidade Politécnica de Madrid e no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia.
- Os seus intereses como investigadora inclúen o procesado dixital de sinais de audio e acústicas e a acústica submarina. Tamén a promoción das vocacións científico técnicas femininas, e a incorporación da perspectiva de xénero na investigación.
- Actualmente é Enlace de Igualdade entre a escola de Enxeñaría de Telecomunicación e a Oficina de Igualdade da Universidade de Vigo, e tesoureira do nodo galego da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT-Gal).
Sobre a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación…
Representa, dende 1985, un referente na formación e na investigación en tecnoloxías da información e as comunicacións a nivel estatal. O seu compromiso coa excelencia vai máis aló do puramente académico, facendo un importante fincapé na formación global dos seus egresados, a nivel técnico pero non descoidando outra formación transversal. O equipo docente da Escola está formado por
mulleres e homes comprometidos coa súa adicación e preocupados porque as tecnoloxías sexan entendidas non só polo alumnado, senón tamén pola sociedade á que serven.