ESTADO DA CUESTIÓN
Análise do Benestar e da Pobreza en Vigo:
Realidades e Necesidades
Mércores 6 de Febreiro, 19:00 horas
Auditorio da Sede da O.N.C.E. (Rúa Gran Vía 16)

Este próximo mércores, o Ateneo Atlántico
quere invitar aos seus socios, aos medios de comunicación e a toda a
cidadanía a debatir sobre o Estado do benestar e da probreza en Vigo. O
debate terá lugar o próximo mércores 6 de Febreiro ás 19:00h no Salón de Actos da Sede da O.N.C.E. en Vigo, a quen queremos agradecerlle a cesión gratuita do espacio.

Nun
momento en que se reciben noticias contradictorias entre algúns dos
actores municipais neste eido, é importante darlle voz pública a aqueles
que mellor coñecen o tema, e escoitar o seu análise da situación e as
súas propostas. Para elo o Ateneo Atlántico
organiza este Estado da Cuestión, co formato habitual: deixarlle un
tempo medido aos invitados para que libremente expresen ás súas
inquedanzas e logo abir o debate ao público.

Falarán nun primeiro turno:

  • Marta Iglesias Bueno, Xefa Territorial da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia
  • Antón Bouzas Álvarez, terapeuta e portavoz do Foro Socioeducativo “Os Ninguéns” 
  • Xosé Cuns Traba, en representación da Rede Galega contra a Probreza

Están invitados a intervir nun segundo turno:

  • Angel Holguera Dominguez, presidente de COGAMI Pontevedra
  • Silvia Pérez Freire, socióloga e especialista en violencia de xénero
  • Ana Pardo Álvarez, da asociación PROVIVENDA
  • Rosa Alonso Míguez, traballadora social
  • Colectivo Vigo +Social
  • Colectivo Migrantes

O
público asistente está convidado a debater en posteriores turnos ata o
fin da hora convenida, dentro duns límite de tempo e de pertinencia
respecto ao tema do debate.

A entrada será libre ata completar aforo.