As Viaxes do Ateneo

Arte, ecoloxía, historia e viño. O Ribeiro
Troco de data
Sábado, 23 de Febreiro de 2019
Queremos propoñervos unha nova viaxe,
esta vez a Ribadavía e a toda a paisaxe e a historia da comarca do
Ribeiro. É a nosa intención, ofrecer unha visión o máis completa do
territorio, e non limitarnos somentes á cultura do viño. Por iso, para o
coñecemento da historia e a cultura da súa cabeceira Ribadavia, nos
acompañará na visita a vila Antonio Míguez, responsable da oficina de turismo de Ribadavia. Faremos tamén da man do adegueiro Joaquín Pérez Labrador “Quino”, unha visita ás Adega Vilerma,
fundadas en 1978 nunha ladeira da cunca do río Avia. Será alí onde o
noso guía ao longo de toda a viaxe, e co-organizador do acto, Jorge Vila de Galicia.Wine ofreceranos unha cata didáctica para aprender a diferencias e apreciar os viños do Ribeiro.
Para
darlle traballo á panza e recuperar folgos, voltaremos a Ribadavía,
onde a xente do Restaurante Caracas ofreceranos un cocido completo e ben
regado. Xa pola tarde, achegaremonos a facer un roteiro polo bosque da Asociación Ridimoas,
un exemplo de xestión colectiva e sustentable, onde dende 1988 a
asociación ben mercando parcelas privadas e recuperandoas coma espacio
forestal ribeirán.
PROGRAMA DA VIAXE:
● 10:00 – Roteiro didáctico guiado pola vila de Ribadavia
● 12:00 – Visita e cata de viños en Adega Vilerma
● 13:00 – Minicurso sobre os viños do Ribeiro
● 14:00 – Cocido no restaurante Caracas de Ribadavia. Inclue comida, bebidas e chupitos.
● 16:30 – Visita guiada ao Bosque de Ridimoas
● 19:00 – Despedida e saida a Vigo

Téndes tódolos detalles de pago e inscripción no voso correo. Plazas limitadas.

¡Agardámovos!