Na Casa Galega da Cultura, na súa entrada pola Praza da Princesa, virá este Venres 8 de febreiro ás 19:30 o enxeñeiro, historiador e ilustrador Héitor Picallo, a falarnos de castañas e de castiñeiros.
Héitor é un home inquedo, polifacético, que exporá o papel que esta árbore e o seu froito tivo na conformación do noso territorio. De como o aproveitamento dos seus recursos forestais ou coma alimento xeraron unha serie de normas, usos e costumes que se poden trazar na historia, xa dende os arquivos monacais no medievo ata os nosos días, e de como eses usos e costumes explican a nosa paisaxe e algunhas das nosas tradicións.
Todas as súas investigacións quedan resumidas no seu libro “No medievo, castañas e castiñeiros coma recurso económico” de Edicións Fervenza, que nos ven a presentar xunto a Xose Carlos Lopez Bernardez polo Ateneo Atlántico, e que serve de excusa para ter esta charla sobre a importancia paisaxística, histórica e económica desta árbore.
E xa para rematar a Cafetería Cosmos da Plaza da Princesa, ofreceranos un plato especial con Castañas a tódolos asistente que queiran vir a tomar un viño.
Entrada libre ata completar aforo (60 persoas aprox.)