Unha conversa entre Maria Xosé Queizán e Inma López Silva
Presenta Xina Vega
Casa Galega da Cultura· Praza da Princesa /sn
Venres 22 de Febreiro · 19:30h
O Ateneo Atlántico convida ás autoras Maria
Xose Queizan e Inma López Silva a manter unha conversa sobre a vida e a
memoria co gallo da recente publicacións dos seus libros de caracter
autobiográfico: “Vivir a galope” (Xeráis, 2018) e “Chámame señora pero trátame coma a un señor”
(Galaxia, 2018). Tratarase dunha conversa libre entre dúas mulleres de
xeracións distintas que fan unha mirada ao seu pasado persoal para falar
do presente.

Presenta e modera o acto a tamén novelista Xina Vega
Inma López Silva é autora, entre outros, dos libros “Concubinas” (Premio Xerais 2002), “Memorias de cidades sen luz” (Premio Blanco Amor 2007) ou “New York, New York“. “Chamame señora pero trátame coma a un señor” é unha memoria persoal do machismo na cultura. Maria Xosé Queizán,
periodista, ensaista e poeta, destacada activista dos movementos
feministas en Galicia, foi Premio da Cultura Galega de Letras en 2016.
Entre as súas numerosas obras, atopamos a biografía de “Emilia Pardo Bazán” o recopilatorio da súa obra poetica “Non o abras coma unha flor” ou a novela “Amor de Tango“. Xina Vega é profesora, crítica teatral e traductora, e tamén autora da novela “Cardume” (Premio Xerais 2007)