Tras o éxito de convocatoria do #16N Encontro Pola Cultura do pasado mes de novembro, o Ateneo Atlántico, o colectivo CAÍN,
a Agrupación de Amig@s do Marco, a asociación profesional de artistas de Galicia A Colectiva, o Espazo Cubo, a plataforma +Social e o Instituto Galego de Praxe Actual (IGAPA) convocan o #22F II Encontro Pola Cultura baixo o o lema “Compromiso político”.
Para elo convidan aos representantes das distintas formacións políticas
que concorren ás eleccións municipais en Vigo a un diálogo aberto sobre
os puntos clave da política cultural da cidade que se celebrará este
Venres 22 de Febreiro, ás 17:30h no
auditorio do
I.E.S Politécnico de Vigo, na rúa Conde de Torrecedeira 88
O Encontro
estará moderado pola xornalista Fernanda Tabarés e contará coa presenza,
á falta de próximas confirmacións, dos representantes municipais do
Partido Popular (PP), Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Marea de Vigo. Extendeuse o convite a participar ao Partido Socialista de Galicia (PsdG – PSOE de
Vigo), quen rexeitou formalmente.
O
obxectivo deste II Encontro pola Cultura é coñecer cal é o compromiso
político e as propostas de acción das forzas políticas que concorren ás
eleccións municipais en relación á situación das políticas
culturais e sociais na cidade de Vigo. A tal efecto trasladarase ás persoas convidadas
unha serie de preguntas ás que se poderán engadir, durante o debate, as
plantexadas polas persoas asistentes.
Entrada libre ata completar aforo.