cinemAteneo
Clara campoamor, la mujer olvidada
Presenta Carmen Becerra
Multicines Norte, Vigo
Miércoles 10 Abril · 19:40h
3€ soci@s / 4€ non soci@s
Se o 8 de Marzo e as súas reinvidicacións
rebumbian con forza nos últimos anos, é porque ainda queda camiño por
andar. Por iso é axeitado lembrar como se xestaron as conquistas do
pasado, as suas protagonistas e as resistencias que se atoparon. A
historia da consecución do sufraxio universal en España ten na figura de
Clara Campoamor o seu maior referente. A película de Laura Maña
permítenos un ollar re-imaxinado dende dentro daquel Congreso da
lexislatura de 1931, ao proceso, nunca sinxelo nin directo, que
desembocou naquel cambio fundamental.

Presentará o coloquio Carmen Becerra Suárez,
profesora titular da Teoría da Literatura e Literatura comparada da
Universidade de Vigo. Coordinadora do grupo “literacine” da Universidade
de Vigo que organiza os Congresos bianuais de Cine y Literatura. É
tamén directora cultural da Fundación Gonzalo Torrente Ballester.

As entradas estarán disponibles por 3€ para socios/as e 4€ para non socios

Ficha técnica
Título original: Clara Campoamor, la mujer olvidada (VOE)
Ano: 2011
Duración: 90 min.
País: España
Dirección: Laura Maña
Guión: Yolanda García e Rafa Russo segundo o libro de Isaías Lafuente
Reparto:  Elvira Minguez, Antonio de la Torre, Mónica López, Joan Carreras.

Sinopse:
No ano 1931, a pesar que as mulleres sí poden ser elexidas para o
Congreso, o voto femenino ainda non está recoñecido en España. As
primeira deputadas elexidas, Clara Campoamor e Victoria Kent, emprenden a
tarefa de vence-las reticencias do congreso para recoñece-lo sufraxio
universal.